Entradas etiquetadas como ‘PASEOS PEDAGÓXICOS’

Segunda xornada no río Tea

Martes, Outubro 2nd, 2018

Hoxe os alumnos de Bio-Xeo  4º de ESO analizaron os conceptos relacionados cos factores abióticos: temperatura (da auga 16 ºC e atmosférica 12ºC ás 9’30 horas), pH da auga (5’5), luz,… Visualizamos a erosión do río , a tala de árbores de ribeira en A Moscadeira, os croios e areas dunha praia,…

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Primeira saída cos alumnos de Bio-Xeo 4º ESO

Martes, Setembro 25th, 2018

Os alumnos de Bio-Xeo de 4º de ESO tiveron o seu primeiro contacto co río Tea neste curso.

Como en edicións anteriores enmarcados no proxecto “emprendemos e aprendemos” (creación dunha hipotética empresa paTEAndo que ofertará servizos divulgativos)

  • Explicación dos primeiros conceptos do ecosistema
  • Explicación dos factores bióticos e abióticos.
  • Recollida e identificación das árbores do río.

Saída de paTEAndo

Mércores, Novembro 15th, 2017

Mércores 15 de novembro: saída para ir fixando conceptos de ecoloxía. Segue sen chover.

 

 

AVANZANDO NO PROXECTO PATEANDO

Mércores, Novembro 8th, 2017

Estamos rematando xa os preparativos para o proxecto PATEANDO(Saídas didáctica pola beira do río). Os nosos compañeiros están construendo o necesario para os xogos, facendo folletos, redactando cartas e estudando os conceptos que explicaremos.

Esperamos que os que veñan connosco disfruten do proxecto PATEANDO. Se sae ben igual repetimos para que máis xente poida disfrutalo. Seguiremos informando, estean pendentes.

XOGOS DO PROXECTO PATEANDO

Mércores, Outubro 18th, 2017
Para o proxecto Pateando faremos os seguintes xogos:
-Tiro con landra.
-Pita árbore.
E varios xogos máis que son inventados por nós e que iremos desvelando
a medida que vaiamos avanzando.

Emprendemos

Martes, Outubro 3rd, 2017

Primeira saída ao Tea no curso 17/18:

Os alumnos de Bioloxía-Xeoloxía de 4º ESO comenzan a traballar os conceptos de ecoloxía na súa saída ao río Tea:

Describiron in situ conceptos como: ecosistema, biocenose, biotopo, hábitat, poboación, ecotono, simbiose, parasitismo, competencia, predación, comensalismo,…

Atoparan un cágado xa cáse totalmente metamorfoseado. Probaron a dispersar froitos en sámara dun pradairo.

O traballo continúa

Xoves, Novembro 10th, 2016

Boas a todos. Dende a semana pasada estamos divididos en grupos para adiantar máis o traballo:

-Pablo e Adrián están organizando os lugares onde imos a definir os conceptos.

-David foi quen fixo o logotipo da empresa ficticea e buscou e copiou os contidos para dárnolos a cada un de nós.

-Javier e Ernesto ocupáronse de facer os folletos.

-Sergio, Josué. Lorena e Diego son os encargados de buscar e desenar xogos, para facer a beira do rio, cando saiamos de excursión cos rapaces.

-Noa e Estela foron as encargadas de redactar una carta formal e enviarlla ao colexio para pedir permiso para realizar a excursión co alumnado do centro (ogallá que nos deixen).

-Aida e eu (os máis importantes do grupo) somos os encargados de redactar o traballo diario e publicalo no blog, aparte de axudar no que podemos aos demáis grupos.

 

Modificamos o noso logo!!!

Luns, Novembro 7th, 2016

 

O logotipo da nosa empresa fictícea paTEAndo foi modificado polo noso artista David Valverde. Un gran traballo!

 

paTEAndo¡ O comezo de algo grande.

Luns, Novembro 7th, 2016

 

Ola a todos, dende o último post xa adiantamos moito traballo. Xa nos dividimos os contidos e o traballo para facer, como os folletos e a carta para enviarlla ao CPR Santiago Apóstol. Ademáis estamos  a piques de subir contidos de paTEAndo, como imaxes e demáis, a Facebook. A semana pasada saímos por segunda vez ao río Tea para ver onde explicaríamos os contidos.

 

Alumnos de 4º de ESO presentan o seu proxecto paTEAndo

Xoves, Outubro 6th, 2016
Escrito por Aída Domínguez e Brandon Groba en representación dos alumnos de Bioloxía de 4º de ESO:

Ola rapaces e rapazas, tanto do Santiago Apóstol coma doutras partes do mundo. Somos os alumnos de 4º A da ESO e acabamos de empezar o noso proxecto: levaremos ós alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria a dar unha volta polo río Tea mentras lles explicamos uns conceptos sobre o ecosistema. O noso proxecto consiste en crear unha hipotética empresa que oferte servizos de divulgación científico-ecolóxica relacionados coa nosa contorna: o río Tea. Chamámola PaTEAndo. Este é o noso logotipo.

ojd