Entradas etiquetadas como ‘papel reciclado’

Elaborando papel reciclado

Luns, Decembro 8th, 2014

Un ano máis os alumnos de 1º de ESO elaboran papel reciclado a partires, neste caso, de xornais usados na aula. En seguintes sesións realizarémolo coma sempre co papel depositado nos colectores das aulas.

 

Máis fotos neste ALBUM

5’37 Kg de papel nun día

Venres, Novembro 22nd, 2013

Como en anos anteriores, os alumnos de 2º de ESO pesan o papel de desfeito das aulas varias veces ao mes para obtermos datos do papel total reciclado ao longo do ano (con parte deste papel fabricaremos o noso papel reciclado). Este ano escomenzaron cunha pequena experiencia piloto, calcular o papel recollido nun so día. O total foi 5’37 Kg.

Ben feito, 5’37 Kg que se reciclará, pero lembrade, tanto ou máis importante é REDUCIR e REUTILIZAR o papel que usamos.

 

Pesando o papel recollido nos colectores de cada aula e tirándoo logo ao colector.

Reciclamos papel, logo aforramos auga

Mércores, Abril 27th, 2011

Logo dalgúns anos recuperando o papel de refugallo das aulas para a súa reciclaxe,  xa podemos facer balance dos beneficios medioambientais acadados. Chegamos aos 1.350 Kg de papel recollidos, con eles pódense fabricar unha tonelada de papel reciclado isto supón que:

  • Evitamos a tala de 17 árboles de 15 anos de idade.
  • Aforramos máis de 4.000 Kw/h de enerxía.
  • Deixamos de xerar 1.500 Kg de residuos.
  • Evitamos a emisión de substancias contaminantes a atmosfera.
  • Aforramos 20.000 L. de auga !!!

Reciclando o papel das aulas

Martes, Febreiro 15th, 2011

Un novo ano e seguimos a recoller o papel usado nas aulas (como anos atrás, actividade realizada polos alumnos de 1º de ESO). Levamos máis de 125 Kg recollidos. Con parte do material recollido elaboramos o noso propio papel reciclado.

O que non reutilizamos e reciclamos nós, vai ao colector de papel do pobo

 

Elaborando o noso propio papel reciclado

Poderedes ver máis fotos no noso album

Alumnos de 1º de ESO realizan papel reciclado

Xoves, Marzo 4th, 2010

Un ano máis, unha nova xeración de alumnos (os que este ano cursan 1º de ESO) aprenden a fabricar papel a partires dos restos de papel que se recollen das aulas do centro. Neste curso xa levamos máis de 125 Kg recollidos nas aulas.

Escurrindo a pulpa de papel dos marcos.

ojd