Entradas etiquetadas como ‘medio ambiente’

Curso 16_17

Luns, Outubro 3rd, 2016

Ola a todos/as.

Xa estamos aquí, dispostos a traballar arreo.

A vida ábrese paso a pesar de nós.

 

Versión libre do ciclo da auga

Domingo, Maio 1st, 2011

A pasada semana celebramos o Día do Libro. Este ano centrámola en Julio Verne e a súa “Volta ao mundo en 80 días”. Os alumnos de 4º de ESO B realizaron a súa particular versión dunha viaxe: a dunha pinga de auga. Interesante binomio: ciclo da auga-imaxinación de Julio Verne. Noraboa polo vídeo elaborado.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

O río Tea como recurso didáctico

Venres, Xaneiro 28th, 2011

O pasado martes aproveitando a estupenda tarde que tíñamos, fixemos (2 ESO) a primeira saída do ano 2011 ao río Tea. Nestas saídas realizamos as actividades programadas dentro do proxecto Voz Natura. Traballamos neste caso algúns conceptos de Física desenvolvidos no primeiro trimestre: movemento, desprazamento, traxectoria e velocidade aproveitando as posibilidades que neste sentido ofrece un curso de auga.  SE QUERES COÑECER MÁIS COUSAS DOS RÍOS GALEGOS PREME AQUI

Macroinvertebrados e contaminación no río Tea (2)

Mércores, Decembro 15th, 2010

Tras a súa participación en Galiciencia 2010, onde deron a coñecer os resultados dos seus traballos sobre a calidade da auga do río Tea en Ponteraeas, as alumnas de 3º de ESO, Alicia, Marta, Silvia, María Domínguez e María Otero preséntannos as memorias destes estudos onde se inclúen as conclusións ás que chegaron. PDF da memoria I PDF da memoria II

Podedes visualizar máis fotos de Galiciencia 2010 no noso  álbum en Picasa

Unha ducia de alumnos participan no día sen electricidade

Xoves, Xaneiro 14th, 2010

Por fin se vai animando a cousa. Unha ducia de alumnos realizaron no Nadal a experiencia de vivir un día enteiro alleos aos beneficios que nos reporta o uso da electricidade. En breve exporán a súa experiencia neste blog.

De 3º de ESO B  son: Pablo Soto, Jesús Alvarez, Rocío Gallego, Andrea Pardellas, Adrián Mo, Brais Romero, Jaime Soto, Saúl Vázquez. Outros alumnos farán a experiencia este fin de semana. Noraboa!

Así celebramos o magosto os alumnos de ESO

Mércores, Novembro 4th, 2009

Os alumnos de ESO celebramos un magosto no parque forestal “A Bouza Vella” en Ganade (Ponteareas). Saímos andando desde o colexio e fumos pola beira do río Tea. Visualizamos as árbores da ripisilva, a depuradora de Ponteareas que non cumple coa súa función, a acción da auga sobre as beiras do río,… pero tamén o pasamos ben xogando e comendo todos xuntos. Velaí como vivimos esta xornada.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

ojd