Entradas etiquetadas como ‘macroinvertebrados’

Presentación dos proxectos e despedida do CEAM de Villardeciervos

Domingo, Novembro 29th, 2015

O pasado venres foi día para a realización dos proxectos de cada un dos centros participantes e para as despedidas, a semana chegou ao seu fin.
Os nosos alumnos presentaron o seu proxecto “Das augas do Tea ás augas de Tera”. O primeiro foi mostrar o traballo realizado semanas atrás para determinar a calidade das augas do noso río, para posteriormente realizar as oportunas medicións e mostraxes no arroio Cervas, afluente do río Tera, e así comparar o “limpas” que están unhas e outras.
Comida e tempo para as despedidas. Tras unha intensa semana de convivencia, ponteareáns e arcobrigenses forxaron recordos e lazos de amizade que, de seguro, perdurarán no tempo. Boa proba diso foi a despedida: abrazos, bágoas e promesas de reencontro encheron o patio do centro durante longo tempo. A media tarde cada grupo xa viaxaba para as súas respectivas localidades.

Grazas a todos: Dirección e traballadores do CEAM de Villardeciervos, profesores do IES Ribera del Jalón e do Santiago Apóstol e a todos os alumnos, verdadeiros protagonistas dunha experiencia inesquecible.

Análise da contaminación do río Tea en octubro

Sábado, Outubro 24th, 2015

Na tarde do pasado xoves 8 de octubro realizamos unha saída ao río Tea para determiñarmos novamente a calidade das súas augas. Os alumnos de 4º ESO realizaron mediadas de temperatura, pH, turbidez e osíxeno disolto para logo proceder ao mostreo de macroinvertebrados existentes (serán bioindicadores da posible contaminación das augas).

Estas actividades repetirémolas entre o 23 e 27 de novembro no Centro de Educación Ambiental CEAM de Villardeciervos (Zamora). O obxectivo é facer un estudo comparativo da calidade das augas do Tea e do Tera (máis concretamente no Regato de las Ciervas).

 

Macroinvertebrados e contaminación no río Tea (1)

Martes, Novembro 23rd, 2010

Cinco alumnas: María Domínguez,  Silvia Gille,  María Otero, Alicia Rodríguez,  e Marta Sestelo baixo a dirección do profesor Jose Davila presentan aos alumnos de ESO os seus proxectos investigadores dentro das actividades da semana da ciencia. Ditos proxectos serán presentados os días 24-26 en Galiciencia 2010 a celebrar en Tecnópole (Ourense).

A grandes rasgos diremos que estudaron as características físico-químicas no río TEA antes e despois da estación depuradora de augas residuais así como os macroinvertebrados existentes (que actúan como bioindicadores da contaminación).

Nun momento da exposición do seu proxecto

En fin, que nos aclararon (CON DATOS CIENTÍFICOS) o estado no que se atopa o noso río Tea, pero iso faranno neste blog ao longo dos vindeiros días logo do seu paso por Tecnopole.

Parabens polo seu sesudo e completo traballo. E tamén para o profe: grazas Jose.

ojd