Un ano máis, non nos esquecemos de limpar…
Martes, Abril 3rd, 2012…e xa van uns cantos. Dende o ano 1999.
Desta volta fixémolo a finais de Marzo.
Como cada ano os alumnos e alumnas de 2º de ESO do noso colexio levaron a cabo a xornada de limpeza dun tramo do río Tea na Moscadeira (Ponteareas), dentro do proxecto “Voz Natura”.
Retiramos o lixo depositado a beira do río, convencidos, concienciados e finalmente orgullosos de contribuír a preservar o noso patrimonio natural.