Entradas etiquetadas como ‘EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL’

Os alumnos de 4º de ESO no CEAM de Villardeciervos

Mércores, Novembro 25th, 2015

24 alumnos e alumnas de 4º ESO iniciaron este luns a súa estadía dunha semana no Centro de Educación Ambiental de Villardeciervos (Zamora) xunto con outros tantos alumnos do IES Ribera del Jalón de Arcos del Jalón (Soria), onde realizarán en convivencia unha serie de actividades, rutas e obradoiros co obxectivo de seguir traballando hábitos e valores en Educación Ambiental.
A nosa participación foi posible grazas á aprobación por parte do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte do proxecto presentado polo notro centro no que ademáis de promover o contacto dos alumnos coa contorna natural, realizaremos unha comparativa entre a calidade das aguas do noso río Tea e as augas doutro río como é o Tera, que discorre por esa comarca zamorana.
Neste primeiro día, vivido polos nosos alumnos con ilusión, curiosidade e entusiasmo, fumos acollidos á chegada polos monitores do centro que nos acomodaron, explicaron  o seu funcionamento e  normas de convivencia e nos ensinaron o pobo de Villardeciervos a traverso dunha entrenida gymkana polas súas rúas. Maña, ben cedo, itinerario pola serra…

Mais FOTOS

Alumnos de 4º de ESO preparan un paseo pedagóxico polo Tea

Luns, Decembro 8th, 2014

 

De como os alumnos de 4º de ESO  preparan un paseo pedagóxico e actividades lúdicas para o resto de alumnos do centro. Simulan a creación dunha empresa de divulgación medio ambiental á beira do río Tea que nomean paTEAndo.  

 

Aquí tedes máis fotos: paTEAndo

 

Preparando vídeos e murais sobre o río Tea

Xoves, Novembro 28th, 2013

Os alumnos de 4º de ESO , logo de buscar información e das saídas realizadas ao río Tea, están a elaborar murais  e vídeos sobre aspectos tan variados como o ciclo do carbono ou a xeomorfoloxía asociados ámbolos dous ao río Tea, completando o realizado en anos anteriores polos seus compañeiros.

Noraboa!, a cousa vai marchando.

 

Cociñamos arroz na cociña solar tipo funil

Xoves, Abril 25th, 2013

Ola. Hoxe tocou cociñar arroz na cociña tipo funil. Aos  50 minutos estabámolo comendo. A cociña tipo funil acadou 0s 165 ºC.

Para o arroz é aconsellable unha porción de arróz e algo máis dunha porción de auga; sal, cebola, allos e especies ao gusto dos comensais.

En sucesivos días probaremos a proporción exacta de auga e as temperaturas acadadas para obtermos un arroz solto e no seu punto de cocción.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Construción de xardíns verticais nun muro do cole

Domingo, Xaneiro 20th, 2013

Os alumnos de 3º de ESO están a estudar os plásticos. Souberon da desfeita que está a acontecer coa Illa de Lixo no Pacífico. O profesor plantexouslles unhas actividades sinxelas (se queres velas clica aquí). Ao final, o profesor plantexa como actividade formativa y sensibilizadora a reutilización de botellas PET para a creación de xardíns/hortas verticais.

Para elo dispoñen do muro norte (cara orientada cara o sur) do patio de terra do cole, onde levarán a cabo por grupos distintos tipos de xardíns ou hortas ecolóxicas verticais.

Iredes sabendo como van os construindo a traverso d os distintos artigos que irán publicando.

Ánimo. Estamos ansiosos por ver os vosos resultados.

Estudo da calidade da auga do río Tea 2012

Sábado, Abril 7th, 2012

De novo, os alumnos e alumnas de 2º ESO no pasado mes de marzo, participaron nunhas sesións prácticas adicadas a coñecer como valorar a posible contaminación á que pode estar sometido un curso de auga. O lugar escollido para a realización das medicións e as mostraxes voltou a ser “A Moscadeira”.  Non deixa de sorprenderlles que pequenos invertebrados que habitan no fondo do río poidan servir de valiosos indicadores do grao de contaminación do mesmo.

Os cativos de E. Infantil en A Moscadeira

Venres, Novembro 11th, 2011

A finais de outubro os nenos de E. Infantil foron a Moscadeira para observar os cambios da paisaxe no outono, (as cores, as árbores, as follas, os sons do bosque…).

Reciclamos papel, logo aforramos auga

Mércores, Abril 27th, 2011

Logo dalgúns anos recuperando o papel de refugallo das aulas para a súa reciclaxe,  xa podemos facer balance dos beneficios medioambientais acadados. Chegamos aos 1.350 Kg de papel recollidos, con eles pódense fabricar unha tonelada de papel reciclado isto supón que:

  • Evitamos a tala de 17 árboles de 15 anos de idade.
  • Aforramos máis de 4.000 Kw/h de enerxía.
  • Deixamos de xerar 1.500 Kg de residuos.
  • Evitamos a emisión de substancias contaminantes a atmosfera.
  • Aforramos 20.000 L. de auga !!!

Contacontos na Semana da Ciencia

Mércores, Novembro 24th, 2010

O martes 22 de Novembro os alumnos de Ed. Primaria asistiron á charla impartida por Verónica e Victor de Ecoldivulga co título “O trotaaugas viaxa cara as Gándaras de Budiño”. Decubriron un mundo en cada un dos animais e vexetais dos nosos humedais.

Recollida de papel usado nas aulas

Mércores, Outubro 7th, 2009

Xa estamos reciclando o papel que xeramos nas aulas. O día 6 de Octubro realizamos a primeira recollida de todo o papel xerado nas aulas do centro.

Recollimos 18 Kg de papel nestes 15 días. Velaquí como o facemos:

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

 

Pero lembrade, o obxectivo é moderar o consumo de papel (REDUCIR)  e antes de depositar a reciclar é mellor usalo para outras cousas (facer contas, …) REUTILIZAR

ojd