Un grupo de alumnos de Bio-Xeo de 4º de ESO empezan a planificar os paseos pedagóxicos polo río Tea. Ao mesmo tempo , outro grupo planifica a elaboración de vídeos didácticos sobre o río Tea.
Os alumnos de 3º e 6º de Ed. Primaria do noso centro, xunto con outros dos centros de ensino de Ponteareas realizarán unha plantación de árbores nunha zona afectada polos incendios durante curso pasado. Dita actividade está organizada polo Concello de Ponteareas. Iremos informando.
Os alumnos de Bio-Xeo de 4º de ESO tiveron o seu primeiro contacto co río Tea neste curso.
Como en edicións anteriores enmarcados no proxecto “emprendemos e aprendemos” (creación dunha hipotética empresa paTEAndo que ofertará servizos divulgativos)
Outro ano máis, e van 19, os alumnos de 5º, 6º de E.Primaria e 2º de ESO realizaron unha saída á Moscadeira para levar a cabo unha labor exemplarizante: a limpeza dun tramo do río Tea.
Ataviados con luvas, sacos, carretillas e, sobre todo, conscientes da importancia de loitar frente ao deterioro do medio natural, alumnos e profesores traballaron con entusiasmo recollendo diferentes tipos derefugallos que contaminaban a zona.
Con esta actividade traballamos undos valores que o noso centro trata detransmitir aos alumnos: a concienciación e sensibilización no respeto ao medio ambiente, e a importancia da súa proteción.
Foi unha xornada moi educativa na que os alumnos se sentiros axentes activos na proteción e o respeto polo noso planeta, e na que se convenceron de que todos podemos levar a cabo accións para frear o seu deterioro.
Moitos dos nosos (alumnos, pais, familias, veciños) con solidariedade e afouteza foron quen de salvar casas, leiras e montes da nosa contorna dun lume devastador.
Logo dos choros, da rabia contida, dunha solidariedade que cómpre non perder, vai sendo hora de empezar a planificar o noso futuro.
Para a sociedade en conxunto é mester analizar causas e propór accións a curto, medio e longo prazo para que nunca máis aconteza.
Temos aos nosos alumnos ávidos por contar as súas experiencias vitais, e emocionalmente motivados para pórse mans á obra. Canalicemos pois as súas inquedanzas.
Velaquí algúns recursos, que compartimos con todos vós, base do noso futuro traballo con eles.
Como xa ben sendo tradición, dende fai 18 anos, os alumnos de 2º de ESO realizaron unha saída á Moscadeira para levar a cabo unha labor exemplarizante: a limpeza dun tramo do río Tea en Ponteareas.
Ataviados con luvas, sacos, carretas e, sobre todo, conscientes da importancia de loitar frente ao deterioro do medio natural, alumnos e profesores traballaron con entusiasmo recollendo diferentes tipos de refugallos que contaminaban a zona. Plásticos, latas de refresco, teas, redes, vidros, e ata unha xardiñeira cerámica e restos un inodoro foron parte do lixo recollido. A cantidade de desperdicios atopada sorprendeu aos alumnos e resultou a mostra evidente da “presión” que a actividade humana está a exercer nos sistemas fluviais.
Foi unha xornada moi educativa na que os alumnos sentíronse axentes activos na protección e o respecto polo noso planeta, e na que se convenceron de que todos podemos levar a cabo accións para frear o seu deterioro.
Crise, afundimento do ladrillo, perda de postos de traballo, contaminación, corrupción,…
Eficiencia enerxética, crecemento sostible, enerxías renovables, novas tecnoloxías, confort, o ser humano…
E diante destes dous modelos antagónicos os alumnos de 3º de ESO estudan as características que deberían ter as casas bioclimáticas; mentras o fan, construen maquetas ilustrativas.
A nosa participación no Ceam de Villardeciervos levounos ate o Parque Natural de Arribes del Duero. O itinerario comezou, despois dun breve traslado en autobús, na ermida da nosa Señora do Castelo, preto do miradoiro das barrancas, desde o que xunto con espectaculares vistas dos escarpados canóns escavados polo río Douro, puidemos contemplar en pleno voo a unha das poboacións máis abundantes de voitres de toda a Península. A partir de aquí, entre enebros ao principio e aciñeiras despois, percorremos boa parte do arroio Pisón até o pobo de Fariza.
Despois de comer, visitamos o taller de olaría de Mª Carmen, en Movemos. Alí puidemos observar pampos como, co torno e as súas mans, elaboraba coa especial arxila da zona diferentes pezas cunha habilidade sorprendente. Todos quixemos probar a facelo, pero só algúns puideron comprobar que este oficio milenario require á vez que técnica, moita práctica. Interesantísima actividade da que algúns levarán un recordo para toda a vida (se non cae e rompe).
Taller de historia da navegación para concluír o día coa construción dun recortable que funciona como un astrolabio, que permite determinar a altura dun astro e deducir, segundo esta, a hora e a latitude
Amenceu un frío pero asollado día en terras de Zamora e os 47 mozos e mozas dos dous centros, despois de coller forzas cun bo almorzo e organizar as súas habitacións, dispuxéronse a encarar unha estupenda mañá.
Os seus monitores tíñanlles preparado un bonito itinerario pola serra, no que a través de variadas microleccións de botánica, zooloxía e xeoloxía, co seu correspondente caderno de traballo, foron lembrando sobre o terreo moitos dos contidos impartidos ao longo destes anos nas aulas.
Pola tarde seguiron en contacto coa súa contorna natural realizando un exercicio de orientación no campo con sistema GPS, para xa continuar nas instalacións do centro cun obradoiro de confección de velas con diferentes fragrancias.
A xornada deparáballes unha última sorpresa cun paseo nocturno baixo unha lúa chea que o iluminaba todo, para tentar descubrir os sons da noite no bosque, que concluíu coa lectura dalgún dos episodios máis significativos do que foi e é a loita pola protección do noso medio ambiente.
A anécdota do día: un pisotón nun dedo de Jorge na noite do luns, 160 Km ida e volta a Zamora para unha radiografía, 4 horas (toda a tarde) para confirmar o que todos desexabamos: con este mozo non hai quen poda.