Entradas etiquetadas como ‘EDUCACIÓN AMBIENTAL’

Conmemorando o World Fish Migration Day

Venres, Maio 23rd, 2014

Celebramos hoxe cos alumnos de 3º e 4º de ESO o World Fish Migration Day. Marcial Carrera, pai dun alumno de 4º de ESO e axente de protección do medio ambiente falounos do traballo desenvolvido na Estación de Control de Peixes de A Freixa. Asemesmo, visualizamos un espectacular vídeo de Manuel E. Garci titulado “Os mares doces de Galicia” presentado na XVI Semana de Cine Submarino de Vigo onde as máis das secuencias foron rodadas no noso río Tea: lampreas, salmóns e anguías os protagonistas deste impresionante documento gráfico.

Logo fumos de andaina ata dita estación na Freixa e alí asistimos a unha simulación de pesca eléctrica para a mostraxe dos peixes xunto coa Directora Xeral de Conservación da Natureza Dª Verónica Tellado Barcia e máis do Xefe Provincial de dito organismo.

Agradecemos a Marcial Carrera a súa amena e didáctica exposición así como a súa inestimable colaboración.

https://plus.google.com/photos/106448770609519979604/albums/6016732007195263329?authkey=CNOJk6vFyraGDA

MÚSICA @ RECICLAXE

Xoves, Marzo 20th, 2014

A importancia da reciclaxe e do bo uso dos materiais queda moi ben reflectida neste proxecto. Aínda que a construción de instrumentos só sexa un pequeno puntiño dentro dun inmenso mar, consideramos que imos moi ben encamiñados con este tipo de exercicios. Podemos facer esta afirmación porque os resultados obtidos son satisfactorios. Os nenos non só se divirten construíndo un instrumento, senón que a súa vez, están aprendendo a reciclar intelixentemente.

Podedes ver todas as fotos no  álbum.

Pinga a pinga: consumo responsable da auga

Venres, Xaneiro 17th, 2014

Os alumnos e alumnas de 1º de ESO participaron o pasado vernes 10 de xaneiro no programa de Educación Ambiental chamado “Gota a Gota” nas instalacións do centro “EL KIRIKO” en Fornelos de Montes. Gozaron dun estupendo día no que participaron en distintas actividades encamiñadas a entender a importancia da agua, así como o seu uso e consumo responsable e sostible.

Album de fotos

Alumnos de 4º de Primaria saen ao río Tea

Mércores, Decembro 18th, 2013

O pasado mércores 27 de  novembro os alumnos de 4.º de Educación Primaria visitaron A Moscadeira, como actividade integrada no proxecto Voz Natura. Esta saída tivo como finalidade coñecer a importancia das árbores para os ríos, ver as diferentes clases de árbores, observar o entorno e, por suposto, ¡pasalo ben!

Se queredes ver as fotos deste actividade, podedes facelo pinchando neste enlace.

 

5’37 Kg de papel nun día

Venres, Novembro 22nd, 2013

Como en anos anteriores, os alumnos de 2º de ESO pesan o papel de desfeito das aulas varias veces ao mes para obtermos datos do papel total reciclado ao longo do ano (con parte deste papel fabricaremos o noso papel reciclado). Este ano escomenzaron cunha pequena experiencia piloto, calcular o papel recollido nun so día. O total foi 5’37 Kg.

Ben feito, 5’37 Kg que se reciclará, pero lembrade, tanto ou máis importante é REDUCIR e REUTILIZAR o papel que usamos.

 

Pesando o papel recollido nos colectores de cada aula e tirándoo logo ao colector.

Recollida de papel usado nas aulas

Sábado, Novembro 16th, 2013

O martes 19 os alumnos de 2º de ESO A recollerán o papel usado deste mes nas clases de todo o noso centro. Repetiremos esta acción dúas ou tres veces ao mes. Pesarémolo e faremos unha comparativa ao final de curso cos datos dos últimos  anos (12).

Lembrade: non se trata de que reciclemos máis que en anos anteriores, que tamén (eso xa forma parte do hábito cotián nas aulas) senón de racionalizar e reutilizar o papel que usamos.

Grazas.

Saídas ao río Tea

Xoves, Novembro 14th, 2013

O martes 12 e o xoves 14 de novembro os alumnos de Bioloxía de 4º de ESO sairón ao río Tea para fotografar e grabar vídeos para a elaboración de plotters e vídeos. Os resultados de aquí a uns meses. Bo traballo.

Velaquí a alguns deles no seu quefacer. Album de fotos

Xa chega o Magosto

Domingo, Novembro 3rd, 2013

Ola,  o Magosto definitivamente este Venres 15 de Novembro. Iremos consultándoo en meteogalicia.

Como anos atrás os alumnos de ESO iremos andando pola beira do río Tea ata a Bouza Vella. Aproveitaremos a andaina para estudar a xeomorfoloxía, e a vexetación asociada a este tramo do río.

 

O noso primeiro bizcoito co forno solar

Martes, Abril 23rd, 2013

POR FIN CHEGOU O SOL.

Coa súa chegada escomenza no noso cole unha actividade frenética chea das actividades que durante estes meses non pudemos levar a cabo. A que agora presentamos é a elaboración dun bizcoito no noso forno solar. Estaba rico, pero hai que cociñar máis (todos queremos probalo!).

Poremos a Antía e Tamara nas clases de Educación Física, ámbalas dúas con muletas,   a darlle ao brazo para preparalos.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

 

 

“Os luns ao sol”

Venres, Marzo 8th, 2013

Levamos xa un ano enteiro traballando na elaboración de fornos solares. O ano pasado se fabricaron 5 fornos tipo funil: fixemos probas de cocción de cachelos, arroz e verduras. Este ano temos elaborado dous fornos solares con cartón e estamos rematando un de madeira. Tiñamos e temos a idea de pórrnonos a cociñar cos fornos solares un día á semana: o noso proxecto chámase “Os luns ao sol”.

Como poderedes percatarvos non sabiades nada de el. Con razón, neste curso 12_13 non levamos unha semana seguida de sol. Un día que aparece despexado aproveitamos para facer pequenas probas, pero non damos conseguido ter continuidade. Esperemos que coa chegada da primavera PODAMOS.

ojd