Entradas etiquetadas como ‘EDUCACIÓN AMBIENTAL’

Identificación de árbores no río Tea

Venres, Outubro 11th, 2019

Os alumnos de 4º de ESO de BIO-XEO aproveitaron a hora de clase para identificar ás árbores nun pequeno tramo do río Tea no seu paso por Ponteareas: carballos, ameneiros, bidueiras, pradairos, aveleiras, salgueiros, freixos, acacias,… son algunhas das árbores identificadas en 50 minutos. Faremos copia das súas follas na libreta….

20 anos de educación ambiental da man de Voz Natura

Mércores, Outubro 9th, 2019

Saúdos a toda a comunidade Voz Natura.

Si, xa levamos 20 anos traballando a educación ambiental da man de Voz Natura!

Nestes anos, realizamos 76 actividades diferentes en niveis de E. Infantil, E. Primaria, ESO e antigo BUP.  Moitas delas foron mellorándose ano a ano e son parte do noso proxecto; outras forman parte do acervo de xeracións de alumnos (algúns deles son hoxe docentes no noso centro).

A seguir aprendendo e traballando pola nosa contorna.

 

Calidade das augas do río Tea

Mércores, Abril 24th, 2019

A mediados de abril e outro ano máis, realizamos cos alumnos de 4º de ESO o estudo da calidade da auga do río Tea en A Moscadeira a traverso de bioindicadores (macroinvertebrados).

Analizamos parámetros físicos da auga (temperatura, pH, turbidez); químicos (osíxeno disolto) e estudo dos macroinvertebrados existentes. Froito do mesmo concluímos que o estado da aula neste punto é boa (se ben, non observamos un número significativo de perlas de auga, coma en anos anteriores). Repetiremos as análises a principios de maio.

A temperatura 12ºC

Turbidez (0UJT)

pH 5

Osíxeno disolto

Alumnos de 4º ESO

Mostreo no río

Mostreo

Mostra de individuos

Determinando macroinv.

Árbores invasoras no Congreso de Alumnado na Semana das Ciencias de Ponteareas

Domingo, Maio 13th, 2018

Dentro da III Semana das Ciencias de Ponteareas, as alumnas de 3º de ESO, Laura Carballido e Marta D. Mera presentaron a súa ponencia no Congreso do alumnado “Futuras/es investigadoras/es”.

Baixo o título  “Árbores bioinvasoras no río Tea, verdade ou ficción?” Laura Carballido e Marta D. Mera co traballo cuantificaron o número de árbores invasoras nun tramo do río preto de Ponteareas co fin de concienciar do impacto que xa están a ter no ecosistema.

                        Marta (no centro) e Laura (á dereita), xunto con otra compañeira no Congreso.

Laura e Marta co seu titor de investigación (Nando)

Algúns dos ponentes coa Concelleira de Educación do Concello de Ponteareas

 

Podedes visualizar a súa presentación no seguinte vídeo:

Árbores bioinvasoras no Tea, verdade ou ficción?

Ponencia de Laura Carballido e Marta Domínguez no Congreso do alumnado na Semana das Ciencias.

Publicada por Cpr Plurilingüe Santiago Apóstol de Ponteareas en Miércoles, 18 de abril de 2018

Viveiro de árbores autóctonas

Martes, Novembro 28th, 2017

Iniciamos a nosa aportación para a recuperación dos nosos montes.

AVANZANDO NO PROXECTO PATEANDO

Mércores, Novembro 8th, 2017

Estamos rematando xa os preparativos para o proxecto PATEANDO(Saídas didáctica pola beira do río). Os nosos compañeiros están construendo o necesario para os xogos, facendo folletos, redactando cartas e estudando os conceptos que explicaremos.

Esperamos que os que veñan connosco disfruten do proxecto PATEANDO. Se sae ben igual repetimos para que máis xente poida disfrutalo. Seguiremos informando, estean pendentes.

Alumnos de 4º de ESO presentan o seu proxecto paTEAndo

Xoves, Outubro 6th, 2016
Escrito por Aída Domínguez e Brandon Groba en representación dos alumnos de Bioloxía de 4º de ESO:

Ola rapaces e rapazas, tanto do Santiago Apóstol coma doutras partes do mundo. Somos os alumnos de 4º A da ESO e acabamos de empezar o noso proxecto: levaremos ós alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria a dar unha volta polo río Tea mentras lles explicamos uns conceptos sobre o ecosistema. O noso proxecto consiste en crear unha hipotética empresa que oferte servizos de divulgación científico-ecolóxica relacionados coa nosa contorna: o río Tea. Chamámola PaTEAndo. Este é o noso logotipo.

Dando exemplo de Educación Ambiental: Limpeza na beira do río

Venres, Maio 6th, 2016

Como xa ben sendo tradición, dende fai 18 anos, os alumnos de 2º de ESO realizaron unha saída á Moscadeira para levar a cabo unha labor exemplarizante: a limpeza dun tramo do río Tea en Ponteareas.

Ataviados con luvas, sacos, carretas e, sobre todo, conscientes da importancia de loitar frente ao deterioro do medio natural, alumnos e profesores traballaron con entusiasmo recollendo diferentes tipos de refugallos que contaminaban a zona. Plásticos, latas de refresco, teas, redes, vidros, e ata unha xardiñeira cerámica e restos un inodoro foron parte do lixo recollido. A cantidade de desperdicios atopada sorprendeu aos alumnos e resultou a mostra evidente da “presión” que a actividade humana está a exercer nos sistemas fluviais.

Foi unha xornada moi educativa na que os alumnos sentíronse axentes activos na protección e o respecto polo noso planeta, e na que se convenceron de que todos podemos levar a cabo accións para frear o seu deterioro.

Para ver o álbume completo preme aquí.

 

A voltas coas casas bioclimáticas

Luns, Maio 2nd, 2016

Os proxectos dos alumnos de 3º de ESO relacionados coas casas bioclimáticas xa están rematados. Pero había que ir máis lonxe, e un grupiño deles decidiu presentarse ao I Premio Nacional de Iniciación a la Investigación Tecnológica”. Javier Abalde, Saúl Álvarez, Sergio Araujo e Ernesto Rodríguez foron quen de darlle un toque extra a súa maqueta; así o resumen:

“Ser conscientes dos factores que poden influir na eficiencia enerxética das casas nas que vivimos resulta un tanto difícil. Para poder aprender, e á vez ensinar aos nosos compañeiros de forma máis atractiva e intuitiva cómo podemos mellorar a eficiencia enerxética das casas, decidimos realizar unha maqueta. En esencia, o noso proxecto consiste na construción de dita maqueta que presenta algunhas das características típicas nas que se basea a arquitectura bioclimática. Realizamos el siguiente vídeo onde se pode apreciar o noso traballo”

Pero non remata aí a cousa: tiveron que redactar e deseñar un documento onde se recolle toda a información, que elaborar un holograma, que descargar e programar un asistente virtual,…

Noraboa polo voso entusiasmo e pola vosa autonomía (a isto os pedagogos seica lle chaman “aprender a aprender” ).Pois o dito, un exemplo  de boas prácticas no estudo para o resto de compañeiros.

 

Datos sobre o desxeo no polo norte

Sábado, Marzo 19th, 2016

Hoxe puidemos colaborar na concienciación contra o cambio climático apagando os nosos aparellos eléctricos: a hora do planeta.

Visualizade o seguinte estudo (en 30 segundos) e pensade por vós mesmos.

http://svs.gsfc.nasa.gov/cgi-bin/details.cgi?aid=4435

É momento da acción.

 

 

 

 

ojd