Entradas etiquetadas como ‘depuracíón’

Estudo da calidade da auga do río Tea 2012

Sábado, Abril 7th, 2012

De novo, os alumnos e alumnas de 2º ESO no pasado mes de marzo, participaron nunhas sesións prácticas adicadas a coñecer como valorar a posible contaminación á que pode estar sometido un curso de auga. O lugar escollido para a realización das medicións e as mostraxes voltou a ser “A Moscadeira”.  Non deixa de sorprenderlles que pequenos invertebrados que habitan no fondo do río poidan servir de valiosos indicadores do grao de contaminación do mesmo.

Macroinvertebrados e contaminación no río Tea (2)

Mércores, Decembro 15th, 2010

Tras a súa participación en Galiciencia 2010, onde deron a coñecer os resultados dos seus traballos sobre a calidade da auga do río Tea en Ponteraeas, as alumnas de 3º de ESO, Alicia, Marta, Silvia, María Domínguez e María Otero preséntannos as memorias destes estudos onde se inclúen as conclusións ás que chegaron. PDF da memoria I PDF da memoria II

Podedes visualizar máis fotos de Galiciencia 2010 no noso  álbum en Picasa

A contaminación no río Tea en Ponteareas

Mércores, Setembro 9th, 2009

Ponteareas ten experimentado un estoupido urbanístico na última década falto de toda previsión digna do século no que estamos. Primeiro constrúese e logo xa se verá se hai infraestructuras básicas que garantan unha calidade de vida acorde coa riqueza xerada.

Para mostra, o que acontece coa depuración das augas residuais: a depuradora existente é claramente insuficiente para o volume urbanistico agora existente. Solución: moitas augas son vertidas ao río sen depurar. Podedes observalo nos seguintes vídeos que iremos subindo:

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

ojd