Entradas etiquetadas como ‘COLEXIO SANTIAGO APÓSTOL’

Magosto + reciclaxe + río Tea

Martes, Novembro 19th, 2013

O pasado venres 15 de Novembro celebramos o magosto. Os alumnos e familias  de E. Infantil e E. Primaria elaboraron cestas con material de refugallo para depositar as castañas asadas. Os alumnos de ESO celebraron o magosto logo dunha unha andaina pola beira do río Tea duns 4 Km na Bouza Vella.

Se queredes visualizar como o celebramos podes visitar no facebook  este enlace (celebramos o magosto)

 

Fabricamos xabón con aceite de refugallo

Luns, Abril 9th, 2012

Un ano máis os alumnos/as de 3º da ESO realizaron unha experiencia consistente na fabricación de xabón utilizando como materia prima aceite doméstico xa usado.

Estudo da calidade da auga do río Tea 2012

Sábado, Abril 7th, 2012

De novo, os alumnos e alumnas de 2º ESO no pasado mes de marzo, participaron nunhas sesións prácticas adicadas a coñecer como valorar a posible contaminación á que pode estar sometido un curso de auga. O lugar escollido para a realización das medicións e as mostraxes voltou a ser “A Moscadeira”.  Non deixa de sorprenderlles que pequenos invertebrados que habitan no fondo do río poidan servir de valiosos indicadores do grao de contaminación do mesmo.

Un ano máis, non nos esquecemos de limpar…

Martes, Abril 3rd, 2012

…e xa van uns cantos. Dende o ano 1999.

Desta volta fixémolo a finais de Marzo.

Como cada ano os alumnos e alumnas de 2º de ESO do noso colexio levaron a cabo a xornada de limpeza dun tramo do río Tea na Moscadeira (Ponteareas), dentro do proxecto “Voz Natura”.

Retiramos  o lixo depositado a beira do río, convencidos, concienciados e finalmente orgullosos de contribuír a preservar o noso patrimonio natural.

Limpeza Tea 2012 Slideshow: Colexio’s trip to Ponteareas, Galicia, España was created by TripAdvisor. See another Ponteareas slideshow. Create your own stunning slideshow with our free photo slideshow maker.

Estudando a ripisilva

Luns, Outubro 17th, 2011

Os alumnos de 4º ESO A sairon o martes 18/10 á ripisilva do Tea para iniciar o seu traballo de divulgación sobre o estado de conservación do bosque de galería no río Tea. Levaron as súas cámaras dixitais e escomenzaron a recoller información do alí observado:

  • diferentes árbores da ripisilva (ameneiros, salgueiros,…)
  • diversos animáis (ras, parrulos,…)
  • zonas de bioinvasións
  • restos de plásticos nas polas das árbores depositados polas enchentas do río
  • a erosión da auga sobre as beiras do río

Neste momento están a organizar o material fotográfico obtido. Farán máis saídas nos vinceiros meses para observar o cambio do ecosistema coas estacións.

Mentras, velaquí algunhas FOTOS

O “cole” en GALICIENCIA 2010

Xoves, Novembro 4th, 2010

Dous traballos experimentais realizados por alumnas de 3º da ESO foron seleccionados para participar na feira científica de Galicia, Galiciencia 2010, que se desenvolverá os próximos 24, 25 e 26 de novembro en Tecnópole, Ourense.

 Alicia, Marta, Silvia, María Domínguez e María Otero, participarán na feira científica máis grande de Galicia, Galiciencia 2010, con dous stands propios compartindo con outros mozos e mozas de Galicia e doutras partes de España o seu esforzo e talento. Presentarán dous traballos experimentais, que integrados no proxecto medio ambiental  “Voz Natura” que desenvolve o colexio, foron elaborados por elas durante os meses de setembro e outubro de xeito totalmente voluntario. Os traballos, que son unha continuidade dos realizados polos alumnos e alumnas de 2º de ESO no pasado curso, profundizan no estudo da calidade da auga do río Tea, sinalando a contaminación por augas sen depurar como un dos máis graves problemas aos que se enfrenta este ecosistema fluvial. Antes de partir para Ourense, onde estarán os días 24, 25 e 26 de novembro, presentarán o seu labor aos/ás compañeiros/as da ESO como unha das actividades a desenvolver na “Semana da Ciencia” deste ano. Noraboa!

Os alumnos de 1ºE.S.O. pasan un día no Kiriko

Martes, Decembro 1st, 2009

O pasado mércores 18 de novembro os alumnos de 1º da E.S.O. foron ata a Granxa – Escola “O Kiriko” onde viviron unha xornada adicada a sostenibilidade.

Comezaron por dar un paseo polos terreos da Granxa, para observar ós animais e outras instalacións como a zona de compostaxe. Despois participaron nun concurso sobre sostenibilidade, onde o interese por gañar levou  ós nenos a pasar momentos divertidísimos.

Logo dun bo xantar e un merecido tempo de lecer, remataron o dia facendo, a partires dunha lata de refresco vacia, un bonito recipiente que pode ter varios usos: borralleiro, moedeiro, etc.

En resumo, un dia completo de “medio ambiente” no cal os nenos disfrutaron do lindo.

Recollendo berzas

No concurso

As nosas manualidades listas

Lembramos os 150 anos da TEORIA DA EVOLUCIÓN de Darwin

Venres, Novembro 27th, 2009

O 24 de novembro de 2009 cumpríronse 150 anos da publicación do famoso libro de Charles DarwinA orixe das especies”. Esta data serviunos para botar o peche a actividade que vimos desenvolvendo dende hai seis semanas contorno a figura deste extraordinario naturalista inglés. Daquela:

Nenos, nenas, pais e nais contemplando os paneis.

  • Proxectamos ao longo da semana, para todos os/as alumnos/as da ESO, o documental da BBC “Charles Darwin and the tree of life“.
  • Expuxemos nese mesmo día no patio do cole, a nais, pais e os compañeiros de primaria, todos os paneis que serviron neste tempo para COÑECER A DARWIN.
  • Demos por rematado o concurso que complementaba a actividade coa publicación dos resultados e o anuncio das gañadoras:
  1. Leticia Columna Amoedo: 4º ESO A
  2. Leidy Lorena Guerra Ochoa: 4ºESO B
  3. Giovanna de Carballo Gomés: 4º ESO A

NORABOA AS TRES GAÑADORAS POLA SÚA CONSTANCIA E BÓ SABER, E TAMÉN AOS OUTROS 80 ALUMNOS E ALUMNAS QUE PARTICIPARON DE XEITO VOLUNTARIO NESTE CONCURSO.

DARWIN. VEXO E APRENDO. FAGO E ENTENDO.

Martes, Novembro 17th, 2009

Os nenos de 5º de Primaria estivemos preparando este PPT sobre DARWIN para conmemorar os 200 anos do seu nacemento.

Amosamos o noso traballo aos nosos compañeiros de 6º que tamén aprenderon sobre o tema.

Agora temos colgadas as diapositivas no noso pavillón para compartilo con todos os alumnos de Primaria.

Se queres saber máis ¡VEN A VISITARNOS!.

 

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Experiencia piloto da actividade: “un día sen electricidade”

Sábado, Novembro 14th, 2009

Somos animais dependentes da electricidade? Poderiamos vivir sen as vantaxes que nos proporciona a tranformación de electricidade noutras formas de enerxía? Sabrías como sería un día da túa vida sen non dispuxeramos de electricidade?

Se queres dar coa solución a estas preguntas non tes máis que apuntarte á experiencia piloto que se desenvolverá nas vacacións de Nadal:

A nosa idea é que todos os integrantes do colexio experimentemos o que supón estar todo un día sen luz, ordenadores, móbiles, calefacción,… Pero antes diso é necesario facelo a pequena escala (grupo de voluntarios).

Para os participantes de 2º, 3º e 4º de ESO: A participación na experiencia piloto e posterior presentación de resultados terá unha valoración de 2 puntos sobre a nota do tema  “A electricidade” na área de Tecnoloxía para 2º e 3º; para os de 4º de ESO sobre a nota do tema “A electrónica”.

Máis información sobre a electricidade en unesa, e materiais curriculares para jóvenes premiados polo MEC como “Iniciación a la Electricidad/electrónica”, ou “Introducción a la electricidad”.

ojd