Entradas etiquetadas como ‘colexio santiago apostol Ponteareas’

Instrumentos musicais con material de refugallo

Luns, Febreiro 22nd, 2010

A profe Bárbara ten realizado distintos instrumentos musicais con diferente material de refugallo.

1º ciclo E.P.: Un “axóuxere de estrelas

2º ciclo E.P.: Unha “corneta”


5º de E.P.: Inventar un instrumento con todolos materiais reutilizables posibles.

Zapatiños de Nadal

Venres, Xaneiro 22nd, 2010

Os pais dos nenos/as de Educación Infantil, adornaron co gallo do Nadal, zapatos para deixarlle debaixo da árbore aos Reis Magos.

Pódese ver a súa implicación, creatividade e esforzo nas fotos expostas.

Desde aquí moitas gracias pola vosa colaboración.

Profes E.I. ( Marta, Pili, Montse)

 

¡Que ben o fixemos!
     
Unha pequena mostra do traballo. ¡Que chulada!

Unha ducia de alumnos participan no día sen electricidade

Xoves, Xaneiro 14th, 2010

Por fin se vai animando a cousa. Unha ducia de alumnos realizaron no Nadal a experiencia de vivir un día enteiro alleos aos beneficios que nos reporta o uso da electricidade. En breve exporán a súa experiencia neste blog.

De 3º de ESO B  son: Pablo Soto, Jesús Alvarez, Rocío Gallego, Andrea Pardellas, Adrián Mo, Brais Romero, Jaime Soto, Saúl Vázquez. Outros alumnos farán a experiencia este fin de semana. Noraboa!

TRABALLANDO A DARWIN

Xoves, Outubro 29th, 2009

Os/as alumnos/as de 5º de primaria están a realizar unha presentación de PPT sobre os aspectos máis salientables de Charles Darwin neste ano no que celebramos os 200 anos do seu nacemento.

Este traballo, unha vez rematado será amosado neste BLOG.

Nuria e Angel traballando
Alba e Rubén
ojd