Entradas etiquetadas como ‘colexio santiago apostol Ponteareas’

Dando exemplo de Educación Ambiental: Limpeza na beira do río

Venres, Maio 6th, 2016

Como xa ben sendo tradición, dende fai 18 anos, os alumnos de 2º de ESO realizaron unha saída á Moscadeira para levar a cabo unha labor exemplarizante: a limpeza dun tramo do río Tea en Ponteareas.

Ataviados con luvas, sacos, carretas e, sobre todo, conscientes da importancia de loitar frente ao deterioro do medio natural, alumnos e profesores traballaron con entusiasmo recollendo diferentes tipos de refugallos que contaminaban a zona. Plásticos, latas de refresco, teas, redes, vidros, e ata unha xardiñeira cerámica e restos un inodoro foron parte do lixo recollido. A cantidade de desperdicios atopada sorprendeu aos alumnos e resultou a mostra evidente da “presión” que a actividade humana está a exercer nos sistemas fluviais.

Foi unha xornada moi educativa na que os alumnos sentíronse axentes activos na protección e o respecto polo noso planeta, e na que se convenceron de que todos podemos levar a cabo accións para frear o seu deterioro.

Para ver o álbume completo preme aquí.

 

Fabricando xabón

Domingo, Marzo 27th, 2011

Realizamos unha  experiencia consistente na fabricación de xabón utilizando como materia prima un material de refugo, potencialmente contaminante, como o aceite de fritir doméstico xa usado.

Esta actividade permitiu traballar dous aspectos importantes: un relacionado co medio ambiente e, o outro, relacionado coa área de física e química, as reaccións químicas. A práctica permitiu tamén traballar contidos relacionados coa educación para o consumo e a educación para a saúde.

O río Tea como recurso didáctico

Venres, Xaneiro 28th, 2011

O pasado martes aproveitando a estupenda tarde que tíñamos, fixemos (2 ESO) a primeira saída do ano 2011 ao río Tea. Nestas saídas realizamos as actividades programadas dentro do proxecto Voz Natura. Traballamos neste caso algúns conceptos de Física desenvolvidos no primeiro trimestre: movemento, desprazamento, traxectoria e velocidade aproveitando as posibilidades que neste sentido ofrece un curso de auga.  SE QUERES COÑECER MÁIS COUSAS DOS RÍOS GALEGOS PREME AQUI

Macroinvertebrados e contaminación no río Tea (2)

Mércores, Decembro 15th, 2010

Tras a súa participación en Galiciencia 2010, onde deron a coñecer os resultados dos seus traballos sobre a calidade da auga do río Tea en Ponteraeas, as alumnas de 3º de ESO, Alicia, Marta, Silvia, María Domínguez e María Otero preséntannos as memorias destes estudos onde se inclúen as conclusións ás que chegaron. PDF da memoria I PDF da memoria II

Podedes visualizar máis fotos de Galiciencia 2010 no noso  álbum en Picasa

Semana da Ciencia en Educación Infantil. “Experimentando coa auga”

Martes, Decembro 7th, 2010

O xoves 2 de decembro, os alumnos/as de educación infantil realizaron a súa actividade da semana da ciencia.
Foi unha tarde chea de experimentos coa auga que nos fixeron gozar, aprender curiosidades e tamén reflexionar. Puidemos experimentar cos sentidos, interactuar coa natureza da auga e formulámonos cal é a razón pola que uns corpos flotan, outros se afunden e algúns quedan mergullados sen moverse.
Foi unha tarde moi frutífera, tanto en diversión coma en aprendizaxe. Grazas Marta, Pili e  Montse por permitirme pasar unha tarde convosco  e os vosos alumnos/as. Ver fotos. 

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Semana da ciencia 10/11

Xoves, Novembro 18th, 2010

Escomenzamos a nosa IV Semana da Ciencia do 23 ao 26 de Novembro. Polo momento, facemos público o cartel coas activiades a realizar. Esperemos que sexan do voso agrado.

Cálculos da velocidade da auga no río Tea

Luns, Marzo 22nd, 2010

Tamén aproveitamos a tarde do venres 12 de marzo para realizar cálculos da velocidade coa que baixa a auga polo río TEA no seu paso por Ponteareas. Cos datos na man a estimación efectuada danos un 0’7 m/s.

Na seguinte foto observamos a Jose Carlos lanzando a monda de laranxa namentras que os seus compañeiros esperan río abaixo (25 metros) cun cronómetro.

Lanzando a monda de laranxa ao Tea

Limpeza do río Tea

Luns, Marzo 22nd, 2010

Os alumnos de 2º de ESO realizaron unha xornada de limpeza do río Tea o pasaso venres 12 de marzo. Velaquí alguns deles limpando o río

Moito por limpar no río Tea

Conferencia do Dr. Lois González: “Científicos, ciencia e biodiversidade”

Luns, Marzo 22nd, 2010

A primeira actividade da 3ª edición da Semana da Ciencia aconteceu o pasado xoves 18 de marzo. O Dr. Lois González (profesor do Dpto. de Fisioloxía Vexetal e Ciencias do Solo na Universidade de Vigo) impartiu unha conferencia co título “Científicos, ciencia e biodiversidade” para os alumnos da E.S.O.

Sorprendeunos gratamente cun enfoque explicativo da laboura científica desde o punto de vista histórico ata a actualidade, rematando co estudo da biodiversidade que está a realizar. Todo un exemplo para os nosos alumnos: esperamos que algúns,  futuros científicos.

O Dr. Lois González (de pe) durante a súa conferencia

Alumnos de 1º de ESO realizan papel reciclado

Xoves, Marzo 4th, 2010

Un ano máis, unha nova xeración de alumnos (os que este ano cursan 1º de ESO) aprenden a fabricar papel a partires dos restos de papel que se recollen das aulas do centro. Neste curso xa levamos máis de 125 Kg recollidos nas aulas.

Escurrindo a pulpa de papel dos marcos.

ojd