Entradas etiquetadas como ‘Colexio Plurilingüe Santiago Apóstol’

Alumnos de 4º de ESO presentan o seu proxecto paTEAndo

Xoves, Outubro 6th, 2016
Escrito por Aída Domínguez e Brandon Groba en representación dos alumnos de Bioloxía de 4º de ESO:

Ola rapaces e rapazas, tanto do Santiago Apóstol coma doutras partes do mundo. Somos os alumnos de 4º A da ESO e acabamos de empezar o noso proxecto: levaremos ós alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria a dar unha volta polo río Tea mentras lles explicamos uns conceptos sobre o ecosistema. O noso proxecto consiste en crear unha hipotética empresa que oferte servizos de divulgación científico-ecolóxica relacionados coa nosa contorna: o río Tea. Chamámola PaTEAndo. Este é o noso logotipo.

Dando exemplo de Educación Ambiental: Limpeza na beira do río

Venres, Maio 6th, 2016

Como xa ben sendo tradición, dende fai 18 anos, os alumnos de 2º de ESO realizaron unha saída á Moscadeira para levar a cabo unha labor exemplarizante: a limpeza dun tramo do río Tea en Ponteareas.

Ataviados con luvas, sacos, carretas e, sobre todo, conscientes da importancia de loitar frente ao deterioro do medio natural, alumnos e profesores traballaron con entusiasmo recollendo diferentes tipos de refugallos que contaminaban a zona. Plásticos, latas de refresco, teas, redes, vidros, e ata unha xardiñeira cerámica e restos un inodoro foron parte do lixo recollido. A cantidade de desperdicios atopada sorprendeu aos alumnos e resultou a mostra evidente da “presión” que a actividade humana está a exercer nos sistemas fluviais.

Foi unha xornada moi educativa na que os alumnos sentíronse axentes activos na protección e o respecto polo noso planeta, e na que se convenceron de que todos podemos levar a cabo accións para frear o seu deterioro.

Para ver o álbume completo preme aquí.

 

Visita ao Parque Natural de Lago de Sanabria

Domingo, Novembro 29th, 2015

O diario da participación dos alumnos de 4º ESO no Ceam de Villardeciervos está a piques de pecharse. Xa empeza a ser difícil elixir cal foi o mellor día, a mellor actividade, que nos sorprendeu máis, ou onde o pasei mellor. Onte tivemos un completo programa no Parque Natural do lago de Sanabria e arredores.
A nosa primeira parada foi a “Casa do Parque” que é o centro de interpretación do Parque Natural. Tras as oportunas explicacións sobre a xeomorfoloxía do lugar, a súa flora e a súa fauna característica, preparámonos para realizar o que din é, o máis bonito e histórico carreiro do lugar, a ruta dos monxes. Non exento de dificultade (e auga), o tortuoso camiño levounos até Ribadelago. Alí fomos conscientes da súa recente máis triste historia.

Logo comida, e á praia. Fómonos aos “areais de Vigo”, e aínda que polo seu nome puidese parecer que estivésemos xa preto da casa, seguiamos, por suposto, ás beiras do Lago de Sanabria.

Tarde en Puebla de Sanabria, con paseo pola zona medieval, e volta ao centro para cear e preparar a actividade da noite. Esta vez tocou aos alumnos expor parte dos traballos realizados por eles nos seus centros para dar a coñecer ben a súa contorna natural, como foi o noso caso, ben a súa riqueza cultural, histórica e natural, como fixeron os alumnos e alumnas sorianos. Intercambio de obsequios entre alumnos dos centros participantes e a descansar.

Un ano máis, non nos esquecemos de limpar…

Martes, Abril 3rd, 2012

…e xa van uns cantos. Dende o ano 1999.

Desta volta fixémolo a finais de Marzo.

Como cada ano os alumnos e alumnas de 2º de ESO do noso colexio levaron a cabo a xornada de limpeza dun tramo do río Tea na Moscadeira (Ponteareas), dentro do proxecto “Voz Natura”.

Retiramos  o lixo depositado a beira do río, convencidos, concienciados e finalmente orgullosos de contribuír a preservar o noso patrimonio natural.

Limpeza Tea 2012 Slideshow: Colexio’s trip to Ponteareas, Galicia, España was created by TripAdvisor. See another Ponteareas slideshow. Create your own stunning slideshow with our free photo slideshow maker.
ojd