Entradas etiquetadas como ‘CIENCIA’

Dando exemplo de Educación Ambiental: Limpeza na beira do río

Venres, Maio 6th, 2016

Como xa ben sendo tradición, dende fai 18 anos, os alumnos de 2º de ESO realizaron unha saída á Moscadeira para levar a cabo unha labor exemplarizante: a limpeza dun tramo do río Tea en Ponteareas.

Ataviados con luvas, sacos, carretas e, sobre todo, conscientes da importancia de loitar frente ao deterioro do medio natural, alumnos e profesores traballaron con entusiasmo recollendo diferentes tipos de refugallos que contaminaban a zona. Plásticos, latas de refresco, teas, redes, vidros, e ata unha xardiñeira cerámica e restos un inodoro foron parte do lixo recollido. A cantidade de desperdicios atopada sorprendeu aos alumnos e resultou a mostra evidente da “presión” que a actividade humana está a exercer nos sistemas fluviais.

Foi unha xornada moi educativa na que os alumnos sentíronse axentes activos na protección e o respecto polo noso planeta, e na que se convenceron de que todos podemos levar a cabo accións para frear o seu deterioro.

Para ver o álbume completo preme aquí.

 

Enumeración de actividades curso 08/09

Martes, Marzo 10th, 2009

<!– @page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } P { margin-bottom: 0.21cm } –>

  • Semana da Ciencia: “Coa reciclaxe, toda unha ciencia”
  • Un día sen electricidade
  • Fabricación de xabrón caseiro
  • Análise das rochas e minerais existentes no río Tea
  • Limpieza do entorno da ripisilvado río Tea
  • Cálculos da velocidade e aceleración da auga no río Tea
  • Recollida quincenal do papel usado nas clases do centro
  • Obradoiro de papel reciclado
  • Identificación das árbores existentes na ripisilva
  • Obtención de datos da estación meteorolóxica
  • Reducir, reemplazar, reutilizar e reciclar
  • Construción de cocopelos
  • Viveiro de árbores autóctonas. Operación carballo
  • Obradoiro de xogos e xoguetes con material de refugallo
  • Construción de instrumentos musicais con material de refugallo
ojd