Entradas etiquetadas como ‘casas bioclimáticas’

A voltas coas casas bioclimáticas

Luns, Maio 2nd, 2016

Os proxectos dos alumnos de 3º de ESO relacionados coas casas bioclimáticas xa están rematados. Pero había que ir máis lonxe, e un grupiño deles decidiu presentarse ao I Premio Nacional de Iniciación a la Investigación Tecnológica”. Javier Abalde, Saúl Álvarez, Sergio Araujo e Ernesto Rodríguez foron quen de darlle un toque extra a súa maqueta; así o resumen:

“Ser conscientes dos factores que poden influir na eficiencia enerxética das casas nas que vivimos resulta un tanto difícil. Para poder aprender, e á vez ensinar aos nosos compañeiros de forma máis atractiva e intuitiva cómo podemos mellorar a eficiencia enerxética das casas, decidimos realizar unha maqueta. En esencia, o noso proxecto consiste na construción de dita maqueta que presenta algunhas das características típicas nas que se basea a arquitectura bioclimática. Realizamos el siguiente vídeo onde se pode apreciar o noso traballo”

Pero non remata aí a cousa: tiveron que redactar e deseñar un documento onde se recolle toda a información, que elaborar un holograma, que descargar e programar un asistente virtual,…

Noraboa polo voso entusiasmo e pola vosa autonomía (a isto os pedagogos seica lle chaman “aprender a aprender” ).Pois o dito, un exemplo  de boas prácticas no estudo para o resto de compañeiros.

 

Casas bioclimáticas: a construción con sentidiño

Martes, Marzo 15th, 2016

Crise, afundimento do ladrillo, perda de postos de traballo, contaminación, corrupción,…

Eficiencia enerxética, crecemento sostible, enerxías renovables, novas tecnoloxías, confort, o ser humano…

E diante destes dous modelos antagónicos os alumnos de 3º de ESO estudan as características que deberían ter as casas bioclimáticas; mentras o fan, construen maquetas ilustrativas.

 

ojd