Entradas etiquetadas como ‘biodiversidade’

III SEMANA DA CIENCIA “A BIODIVERSIDADE”

Xoves, Marzo 18th, 2010

Iniciamos esta semana as activiades relacionadas coa Semana da Ciencia que estamos a desenvolver no noso centro, este ano centradas na biodiversidade

DARWIN. VEXO E APRENDO. FAGO E ENTENDO.

Martes, Novembro 17th, 2009

Os nenos de 5º de Primaria estivemos preparando este PPT sobre DARWIN para conmemorar os 200 anos do seu nacemento.

Amosamos o noso traballo aos nosos compañeiros de 6º que tamén aprenderon sobre o tema.

Agora temos colgadas as diapositivas no noso pavillón para compartilo con todos os alumnos de Primaria.

Se queres saber máis ¡VEN A VISITARNOS!.

 

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

TRABALLANDO A DARWIN

Xoves, Outubro 29th, 2009

Os/as alumnos/as de 5º de primaria están a realizar unha presentación de PPT sobre os aspectos máis salientables de Charles Darwin neste ano no que celebramos os 200 anos do seu nacemento.

Este traballo, unha vez rematado será amosado neste BLOG.

Nuria e Angel traballando
Alba e Rubén

Escomenzamos a traballar a biodiversidade estudando a Darwin

Mércores, Outubro 14th, 2009

Paneis da exposiciónCo gallo do bicentenario do nacemento de Charles Darwin e dos 150 anos da publicación de “A Orixe das especies” estamos a realizar no pavillón de secundaria  unha exposición-concurso que ao longo de seis semanas  terá diferentes contidos sobre a vida e traballo deste prolífico científico pai da bioloxía moderna.

Podedes consultar máis información no taboleiro sito no pavillón de secundaria.

Tamén neste enderezo:

http://www.darwin2009.csic.es/

Clicando en exposición vitual poderedes atopar uns interesantes recursos didácticos:

http://www.darwin2009.csic.es/exposicion.jsp

Adiante!!!

ojd