Entradas etiquetadas como ‘biodiversidade’

O traballo continúa

Xoves, Novembro 10th, 2016

Boas a todos. Dende a semana pasada estamos divididos en grupos para adiantar máis o traballo:

-Pablo e Adrián están organizando os lugares onde imos a definir os conceptos.

-David foi quen fixo o logotipo da empresa ficticea e buscou e copiou os contidos para dárnolos a cada un de nós.

-Javier e Ernesto ocupáronse de facer os folletos.

-Sergio, Josué. Lorena e Diego son os encargados de buscar e desenar xogos, para facer a beira do rio, cando saiamos de excursión cos rapaces.

-Noa e Estela foron as encargadas de redactar una carta formal e enviarlla ao colexio para pedir permiso para realizar a excursión co alumnado do centro (ogallá que nos deixen).

-Aida e eu (os máis importantes do grupo) somos os encargados de redactar o traballo diario e publicalo no blog, aparte de axudar no que podemos aos demáis grupos.

 

Visita ás “Arribes del Duero” e a un obradoiro de olaría. Día 3.

Venres, Novembro 27th, 2015

A nosa participación no Ceam de Villardeciervos levounos ate o Parque Natural de Arribes del Duero. O itinerario comezou, despois dun breve traslado en autobús, na ermida da nosa Señora do Castelo, preto do miradoiro das barrancas, desde o que xunto con espectaculares vistas dos escarpados canóns escavados polo río Douro, puidemos contemplar en pleno voo a unha das poboacións máis abundantes de voitres de toda a Península. A partir de aquí, entre enebros ao principio e aciñeiras despois, percorremos boa parte do arroio Pisón até o pobo de Fariza.

Despois de comer, visitamos o taller de olaría de Mª Carmen, en Movemos. Alí puidemos observar pampos como, co torno e as súas mans, elaboraba coa especial arxila da zona diferentes pezas cunha habilidade sorprendente. Todos quixemos probar a facelo, pero só algúns puideron comprobar que este oficio milenario require á vez que técnica, moita práctica. Interesantísima actividade da que algúns levarán un recordo para toda a vida (se non cae e rompe).
Taller de historia da navegación para concluír o día coa construción dun recortable que funciona como un astrolabio, que permite determinar a altura dun astro e deducir, segundo esta, a hora e a latitude

.

  

 

  

   

Estudo da calidade da auga do río Tea 2012

Sábado, Abril 7th, 2012

De novo, os alumnos e alumnas de 2º ESO no pasado mes de marzo, participaron nunhas sesións prácticas adicadas a coñecer como valorar a posible contaminación á que pode estar sometido un curso de auga. O lugar escollido para a realización das medicións e as mostraxes voltou a ser “A Moscadeira”.  Non deixa de sorprenderlles que pequenos invertebrados que habitan no fondo do río poidan servir de valiosos indicadores do grao de contaminación do mesmo.

Macroinvertebrados e contaminación no río Tea (2)

Mércores, Decembro 15th, 2010

Tras a súa participación en Galiciencia 2010, onde deron a coñecer os resultados dos seus traballos sobre a calidade da auga do río Tea en Ponteraeas, as alumnas de 3º de ESO, Alicia, Marta, Silvia, María Domínguez e María Otero preséntannos as memorias destes estudos onde se inclúen as conclusións ás que chegaron. PDF da memoria I PDF da memoria II

Podedes visualizar máis fotos de Galiciencia 2010 no noso  álbum en Picasa

Contacontos na Semana da Ciencia

Mércores, Novembro 24th, 2010

O martes 22 de Novembro os alumnos de Ed. Primaria asistiron á charla impartida por Verónica e Victor de Ecoldivulga co título “O trotaaugas viaxa cara as Gándaras de Budiño”. Decubriron un mundo en cada un dos animais e vexetais dos nosos humedais.

Concurso científico

Martes, Abril 6th, 2010

Os alumnos de ESO participaron nun Concurso Científico relacionado coa biodiversidade: preguntas teóricas, sons de animais, vídeos, e experimentos para amenizar toda unha mañán adicada á Ciencia. Os gañadores, os alumnos de 4º de ESO.

Show científico

Martes, Abril 6th, 2010

Outra das actividades da semana da ciencia foi un Show científico, amenizado por dous profes do centro, que amosou aos alumnos de ed. Primaria a diferenciar a máxia da ciencia, a comprender e explicar o porque de certos experimentos e a apreciar a biodiversidade do noso planeta. Unha tarde divertidísima e farto interesante.

Vimos como certos efectos ópticos poden enganarnos.

Cine científico

Martes, Abril 6th, 2010

Todos os alumnos da ESO, e os de 5º e 6º de Primaria puderon visualizar co gallo da Semana da Ciencia adicada á Biodiversidade un vídeo que amosa a etoloxía de moitos artrópodos. O vídeo leva como título “Micromater” e foi gañador do Festival de Cine Científico de Valladolid. Sorprendeunos e gustounos a todos.

Conferencia do Dr. Lois González: “Científicos, ciencia e biodiversidade”

Luns, Marzo 22nd, 2010

A primeira actividade da 3ª edición da Semana da Ciencia aconteceu o pasado xoves 18 de marzo. O Dr. Lois González (profesor do Dpto. de Fisioloxía Vexetal e Ciencias do Solo na Universidade de Vigo) impartiu unha conferencia co título “Científicos, ciencia e biodiversidade” para os alumnos da E.S.O.

Sorprendeunos gratamente cun enfoque explicativo da laboura científica desde o punto de vista histórico ata a actualidade, rematando co estudo da biodiversidade que está a realizar. Todo un exemplo para os nosos alumnos: esperamos que algúns,  futuros científicos.

O Dr. Lois González (de pe) durante a súa conferencia

III SEMANA DA CIENCIA “A BIODIVERSIDADE”

Xoves, Marzo 18th, 2010

Iniciamos esta semana as activiades relacionadas coa Semana da Ciencia que estamos a desenvolver no noso centro, este ano centradas na biodiversidade

ojd