Entradas etiquetadas como ‘aforro enerxético’

Casas bioclimáticas: a construción con sentidiño

Martes, Marzo 15th, 2016

Crise, afundimento do ladrillo, perda de postos de traballo, contaminación, corrupción,…

Eficiencia enerxética, crecemento sostible, enerxías renovables, novas tecnoloxías, confort, o ser humano…

E diante destes dous modelos antagónicos os alumnos de 3º de ESO estudan as características que deberían ter as casas bioclimáticas; mentras o fan, construen maquetas ilustrativas.

 

Visitamos o Muncyt con VOZ NATURA

Martes, Marzo 26th, 2013

O día primeiro deste mes, un grupo de alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO achegámonos Á Coruña para realizar unha visita ao Museo Nacional de Ciencia y Tecnología de A Coruña (Muncyt) . Fixémolo grazas a nosa participación en VOZ NATURA,  programa de educación ambiental da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre. Esta entidade e o citado museo veñen de subscribir  un acordo de colaboración polo cal os 298 centros educativos e asociacións que participan en Voz Natura poden visitar o Muncyt ata o próximo mes de xuño de forma gratuita e con atención especial.

Nun primeiro momento fixemos unha visita guiada ao museo e despois todos traballamos nun obradoiro de casas bioclimáticas, onde experimentamos con distintos tipos de illamento, portas, ventás, paredes ou cubertas para deducir cales son as condicións da vivenda que permiten un maior aforro de enerxía.

GRAZAS A VOZ NATURA POR ESTA OPORTUNIDADE !

O noso primeiro forno solar

Venres, Marzo 15th, 2013

Ola, somos Paula, Carlos, Alba, Lucía,  Luis e Rubén,  alumnos de 4º da ESO,  e acabamos de construir o noso primer forno solar.

Aquí tedes un video de como o fixemos, esperamos que vos sexa útil.

Agora faremos de aprendices de cociñeiros

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Reciclamos papel, logo aforramos auga

Mércores, Abril 27th, 2011

Logo dalgúns anos recuperando o papel de refugallo das aulas para a súa reciclaxe,  xa podemos facer balance dos beneficios medioambientais acadados. Chegamos aos 1.350 Kg de papel recollidos, con eles pódense fabricar unha tonelada de papel reciclado isto supón que:

  • Evitamos a tala de 17 árboles de 15 anos de idade.
  • Aforramos máis de 4.000 Kw/h de enerxía.
  • Deixamos de xerar 1.500 Kg de residuos.
  • Evitamos a emisión de substancias contaminantes a atmosfera.
  • Aforramos 20.000 L. de auga !!!

Vídeos da semana da ciencia do curso 08/09

Martes, Setembro 8th, 2009

Co escomenzo do curso 09/10 pretendemos dar a coñecer o que fixemos o ano pasado (aínda estamos aprendendo nisto do blog) e o que faremos no futuro.

Para ir abrindo boca, amosamos os seguintes experimentos:

  • O proxecto de Yago: un semáforo con leds que é toda unha xoia da tecnoloxía. 

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

  • A casa domótica de Cristian

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

  • Coche solar de Diego A

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

  •  Medidor da concentración dunha disolución. Carlos e Álvaro

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

  • Explicacion do efecto xiroscópico de Alejandro

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

 

ojd