Transmisión de movementos con material de refugallo
Martes, Xuño 2nd, 2020Confinamento, material de refugallo, mecanismos de transmisión de movementos. Axítese con agarimo e este é parte do resultado
Formamos hoxe, para toda a vida
Confinamento, material de refugallo, mecanismos de transmisión de movementos. Axítese con agarimo e este é parte do resultado
Actividade que están realizando os alumnos de 2º de ESO na casa:
Utilizando material de refugallo, realiza unha estrutura para gardar o teu material escolar. Planifica na libreta o que queres gardar nela; non utilices pegamentos instantáneos; podes decorala ao teu gusto. Podedes facela en familia. Cando remates, podes enviar unha foto para subila ao site de tecno e a blog Voz Natura.
Levamos uns días e aquí algunhas mostras. Animádeos
As profes de infantil Marta Tresandi, Pili González e Montse Méndez están traballando as reglas das RRRR (Reducir, Reciclar, Reutilizar e Reemplazar) de xeito eficaz e moi sinxelo: Os envoltorios de plástico que protexen as merendas dos cativos están sendo reemplazados por recipientes que se poden reutilizar ou están sendo reemplazados por materiais de doada reciclaxe. No sinxelo está a eficacia. Tomemos exemplo.
A mediados de abril e outro ano máis, realizamos cos alumnos de 4º de ESO o estudo da calidade da auga do río Tea en A Moscadeira a traverso de bioindicadores (macroinvertebrados).
Analizamos parámetros físicos da auga (temperatura, pH, turbidez); químicos (osíxeno disolto) e estudo dos macroinvertebrados existentes. Froito do mesmo concluímos que o estado da aula neste punto é boa (se ben, non observamos un número significativo de perlas de auga, coma en anos anteriores). Repetiremos as análises a principios de maio.
A temperatura 12ºC |
Turbidez (0UJT) |
pH 5 |
Osíxeno disolto |
Alumnos de 4º ESO |
Mostreo no río |
Mostreo |
Mostra de individuos |
Determinando macroinv. |
Os alumnos de 3º e 6º de Ed. Primaria do noso centro, xunto con outros dos centros de ensino de Ponteareas realizarán unha plantación de árbores nunha zona afectada polos incendios durante curso pasado. Dita actividade está organizada polo Concello de Ponteareas. Iremos informando.
Hoxe os alumnos de Bio-Xeo 4º de ESO analizaron os conceptos relacionados cos factores abióticos: temperatura (da auga 16 ºC e atmosférica 12ºC ás 9’30 horas), pH da auga (5’5), luz,… Visualizamos a erosión do río , a tala de árbores de ribeira en A Moscadeira, os croios e areas dunha praia,…
Os alumnos de Bio-Xeo de 4º de ESO tiveron o seu primeiro contacto co río Tea neste curso.
Como en edicións anteriores enmarcados no proxecto “emprendemos e aprendemos” (creación dunha hipotética empresa paTEAndo que ofertará servizos divulgativos)
Tras participar na III Semana das Ciencias de Ponteareas agora as nosas alumnas Laura Carballido, Marta D. Mera e Alba Ubeira de 3º de ESO, e Ainhoa Cordero (4º ESO) expuseron os seus traballos de investigación na feira científica GALICIENCIA 2018 celebrada en Ourense.
Marcharon o pasado martes 8 e desde o mércores 9 ata o venres 11 foron quen de expor aos visitantes as súas experiencias. Ao mesmo tempo conviviron con outros mozos e mozas de Galicia e Cataluña, intercambiaron experiencias, visitaron a cidade de Ourense, relaxáronse nas termas de Outariz, recibiron a visita dos alumnos de 4º de ESO a dita exposición… Todo unha experiencia que nunca esquecerán.
Velaquí os seus traballos:
“Francamente, dannos ás as bebidas enerxéticas?”, Alba Ubeira e Ainhoa estudan o consumo das bebidas enerxéticas que fan os mozos de Ponteareas co fin de coñecer patróns de consumo e dar a coñecer os riscos que supón.
Laura Carballido e Marta D. Mera co traballo “Árbores bioinvasoras no río Tea, verdade ou ficción?” cuantificaron o número de árbores invasoras nun tramo do río preto de Ponteareas co fin de concienciar do impacto que xa están a ter no ecosistema.
Este traballo sirve de base para o proxecto que imos a desarrollar a nivel ambiental para o ano que ven, esperemos que na nosa 19 participación consecutiva en VOZ NATURA.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Dentro da III Semana das Ciencias de Ponteareas, as alumnas de 3º de ESO, Laura Carballido e Marta D. Mera presentaron a súa ponencia no Congreso do alumnado “Futuras/es investigadoras/es”.
Baixo o título “Árbores bioinvasoras no río Tea, verdade ou ficción?” Laura Carballido e Marta D. Mera co traballo cuantificaron o número de árbores invasoras nun tramo do río preto de Ponteareas co fin de concienciar do impacto que xa están a ter no ecosistema.
Marta (no centro) e Laura (á dereita), xunto con otra compañeira no Congreso.
![]() Laura e Marta co seu titor de investigación (Nando) |
![]() Algúns dos ponentes coa Concelleira de Educación do Concello de Ponteareas |
Podedes visualizar a súa presentación no seguinte vídeo:
Árbores bioinvasoras no Tea, verdade ou ficción?
Ponencia de Laura Carballido e Marta Domínguez no Congreso do alumnado na Semana das Ciencias.
Publicada por Cpr Plurilingüe Santiago Apóstol de Ponteareas en Miércoles, 18 de abril de 2018
Aviso legal Política de privacidad Condiciones generales Todos los derechos reservados por lavozdegalicia.es. Suscribirse a Entradas RSS o a Comentarios RSS.