Proxecto solidario dos alumnos de 6º de Primaria

Escrito por pilardomingo
27 de Febreiro de 2012 a las 17:26h

Co lema “TODOS XUNTOS PODEMOS CAMBIAR O SEU MUNDO”, os alumnos de 6º de E. Primaria e a colaboración de toda a comunidade escolar do Colexio Santiago Apóstol acaban de facer entrega a SEUR de máis de 100 caixas de tapóns para a nena Aitana.

Estes tapóns recollidos de forma altruista pola Fundación SEUR son levados a unha planta de reciclaxe que aporta 300 € por tonelada recollida aos pais da nena AITANA.

Desde a ONG Anawin de Elxe que está a coordinar o proxecto e coa que estivemos en contacto todo o tempo que durou a campaña informounos que dan por rematada a recollida para Aitana e que teñen previsto realizar estas operacións cirúrxicas en España onde un grupo de expertos están a preparar a delicada intervención.

Agradecemos a participación de TODOS os pais e alumnos que nos facían, chegar cada día máis de 1000 tapóns, involucrando a moitos establecementos de Ponteareas e Vigo. Resaltamos a dedicación que a diario desenvolveron Paz, Ana Mª. e Noelia que durante todos os recreos deste trimestre se adicaron a contar e embalar as caixas cos tapóns. Noraboa pola vosa xenerosidade co voso tempo.

Nós, seguiremos recollendo tapóns para novas necesidades!

Buscando imaxes no ecosistema

Escrito por Nando Cameselle
3 de Febreiro de 2012 a las 22:17h

No artigo anterior Samuel indicou como ían na percura de imaxes para elaborar un vídeo e uns plotters sobre o río Tea. Agora eu amósoos como Samuel e resto de compañeiros andan nilo: imaxes do 18 de octubro de 2011, 30 de xaneiro e 2 de febreiro de 2012.

Vídeo sobre o río TEA

Escrito por samuel
30 de Xaneiro de 2012 a las 15:26h

Os alumnos de 4º de ESO b imos a elaborar un vídeo sobre o río TEA. Desde o 9 de xaneiro estamos a traballar nesta fabulosa idea, onde nos estamos a esforzar ao máximo. Para que este vídeo sexa o mais entretido e didáctico posible, este xoves día 2 de febreiro sairemos a tomar máis fotos.
Seguirei informando.

Un saúdo.

ADORNANDO O NADAL

Escrito por mommendez
1 de Xaneiro de 2012 a las 13:51h

1.Os pais de E.Infantil fixeron con material de refugallo (un cilindro de guardapanos), uns adornos navideños, nos que os pais destacaron o seu inxenio e a súa creatividade.¡Moitos  parabens!.
2.A nai de Gisela (Ed. Infantil 4 anos) realizou un boneco de neve, cun total de trescentos vasos de plástico.Este boneco causou unha gran admiración en todo o colexio.¡Parabens mamá!.

embedded by Embedded Video

YouTube Direktclassid=”d27cdb6e-ae6d-11cf-96b8-444553540000″ width=”400″ height=”267″ codebase=”http://download.macromedia.com/pub/shockwave/cabs/flash/swflash.cab#version=6,0,40,0″>

Magosto da ESO=paseo polo TEA

Escrito por Nando Cameselle
5 de Decembro de 2011 a las 22:08h

Un ano máis os alumnos da ESO disfrutaron do magosto no parque A Bouza Vella. Para chegarmos alí desde o colexio, unha andaina á beira do río Tea dunha hora. Fumos quen de observar o bosque de ripisilva e do estado do mesmo nesta xornada. Na presentación que agora se observa os protagonistas os nenos, de fondo, o noso río.

RECICLAXE E SOLIDARIEDADE

Escrito por pilardomingo
1 de Decembro de 2011 a las 21:25h

XUNTOS PODEMOS… CAMBIAR O SEU MUNDO

Os alumnos de 6º de Primaria están a organizar a recollida de tapóns de plástico aprol da pequena Aitana (nena de 10 anos de Tazarona e que naceu cunha cardiopatía conxénita) A súa 3ª operación en Boston custa 200.000 euros.

Por cada tonelada de tapóns, a planta recicladora entrega 300 euros aos pais segundo a ONG Anawin de Elche (encargada de coordinar a campaña a nivel nacional). O transporte corre a cargo da Fundación SEUR.

Para que Aitana poda ter un ano 2012 cheo de esperanza e saúde, os alumnos de 6º de Primaria pedimos a vosa colaboura.

Actividades previas ao Magosto

Escrito por Nando Cameselle
1 de Decembro de 2011 a las 20:42h

Os alumnos de E. Infantil e E. Primaria realizan cestiñas con material de refugallo para gardar as castañas asadas antes de comelas.

Como sairon tan bonitiñas estiveron expostas ata que o tempo nos acompañou e o celebramos.

Os alumnos da ESO foron á Bouza Vella a celebralo: como todos os anos aproveitarán a camiñata para visualizar o estado do río Tea. (Tranquis, que estamos a montar unha presentación para a que a vexades).

EN BUSCA DE LANDRAS

Escrito por mcgc
1 de Decembro de 2011 a las 20:35h

Escrito por Carmiña González

20 de outubro de 2011 ás 12 h.

Os alumnos de 4º de Primaria sairon o xoves 20/ 11 a coller landras a Moscadeira para crear  un viveiro. Levaron: bolsas, recipientes e palas.

Primeiro recibiron información das árbores que dan as landras

Buscaron as árbores.

Observaron a paisaxe do autono.

Recolleron as landras que estaban secas.

Buscaron terra escura rica en humus.

Recolleron follas seca sen estado de descomposición.

Plantío:

Cada alumno/a plantou as súas landras no seu recipinte, seguindo as instrucións indicadas

Regreso ao colexio deixaron os recipientes nun lugar protexido para ser controlado

Os cativos de E. Infantil en A Moscadeira

Escrito por mommendez
11 de Novembro de 2011 a las 10:52h

A finais de outubro os nenos de E. Infantil foron a Moscadeira para observar os cambios da paisaxe no outono, (as cores, as árbores, as follas, os sons do bosque…).

Estudando a ripisilva

Escrito por Nando Cameselle
17 de Outubro de 2011 a las 10:46h

Os alumnos de 4º ESO A sairon o martes 18/10 á ripisilva do Tea para iniciar o seu traballo de divulgación sobre o estado de conservación do bosque de galería no río Tea. Levaron as súas cámaras dixitais e escomenzaron a recoller información do alí observado:

  • diferentes árbores da ripisilva (ameneiros, salgueiros,…)
  • diversos animáis (ras, parrulos,…)
  • zonas de bioinvasións
  • restos de plásticos nas polas das árbores depositados polas enchentas do río
  • a erosión da auga sobre as beiras do río

Neste momento están a organizar o material fotográfico obtido. Farán máis saídas nos vinceiros meses para observar o cambio do ecosistema coas estacións.

Mentras, velaquí algunhas FOTOS

ojd