Experiencia piloto da actividade: “un día sen electricidade”
Somos animais dependentes da electricidade? Poderiamos vivir sen as vantaxes que nos proporciona a tranformación de electricidade noutras formas de enerxía? Sabrías como sería un día da túa vida sen non dispuxeramos de electricidade?
Se queres dar coa solución a estas preguntas non tes máis que apuntarte á experiencia piloto que se desenvolverá nas vacacións de Nadal:
A nosa idea é que todos os integrantes do colexio experimentemos o que supón estar todo un día sen luz, ordenadores, móbiles, calefacción,… Pero antes diso é necesario facelo a pequena escala (grupo de voluntarios).
Para os participantes de 3º de ESO: A participación na experiencia piloto e posterior presentación de resultados terá unha valoración de 2 puntos sobre a nota do tema 2 “A electricidade” na área de Tecnoloxía.
Máis información sobre a electricidade en unesa