Entradas para la categoría ‘XARDÍNS VERTICAIS’

Primeiras plantas nos nosos xardíns verticais

Venres, Marzo 8th, 2013

Os nosos primeiros resultados: agroman ben e rápido os allos; das lentellas aparecen as primeiras plántulas. As leitugas sacadas do alcouve da nai de Antonio (3ºA) non queimaron coa xeada. Este tempo non está moi aquelado para a horta, e aínda así parece que a cousa vai.

Dentro dun mes intentarémolo coas fresas, que sonche ben agradecidas.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Aparecen os primeiros desperfectos (rotura de cordeis, balonazos que baleiran de terra as botellas PET, madeiras que inchan e apodrecen,…) Iremos tomando nota e mellorando o que non funciona: diso se trata; ÁNIMO nenos, a experiencia enriquece.

Primeiras imaxes dos xardíns verticais

Xoves, Xaneiro 31st, 2013

Ola a todos.  Sabemos que estades a traballar na elaboración de xardíns verticais; as seguintes imaxes poden ser esclarecedoras.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

O noso xardín vertical

Xoves, Xaneiro 31st, 2013

Somos Iago, Bruno, Enrique,  Santiago  e Adrián,  e  estamos apuntiño de acabar o noso xardín vertical. Primeiro collemos as botellas e puxémoslles táboas debaixo,  e logo atámolo todo con cordeis. Despois fixemos os agarres para o muro e como nos sobraba tempo ata lle fixemos un tellado que aproveita a auga da choiva para regar as prantas.

Así queda no noso muro.

Jardín vertical

Xoves, Xaneiro 31st, 2013

Hola !

Para realizar nuestro proyecto tan sólo utilizamos botellas PET, cuerda, un cuter y un  punzón.

Primero buscamos información en internet y quitamos ideas de varias páginas:

Jardín vertical

– Plano de la botella

 

A continuación hicimos un plano en la libreta de como sería el proyecto.

Para las botellas colocadas en horizontal hicimos un pequeño hueco con el cuter en una parte lateral de la botella para plantar la planta.

Luego con un punzón hicimos los agujeros necesarios para poner las cuerdas y unir las botellas.

Una vez terminado eso, hicimos agujeros en el lado contrario del hueco para que caiga el agua sobrante, evitando así que la planta se encharque.

Para las botellas colocadas en vertical cortamos el culo de la botella y aprovechamos la parte superior para no desperdiciar la botella.

De: Noelia, Lara, Valeria y Alba.

O noso xardín vertical:

Mércores, Xaneiro 23rd, 2013

Ola, somos Paula, Sara Prieto, Sara Peña e Macarena. Estamos na aula de tecnoloxía, realizando o noso xardín vertical. Tivemos que repetilo porque a nosa primeira idea era colocar táboas de madeira debaixo das botellas pero percatámonos de que a madeira pode chegar a pudrirse entón realizamos un novo proxecto. O primeiro que fixemos foi recortar as botellas facendo buratos para que saia a planta, despois atamos todas as botellas cunha corda, facéndolles nudos por debaixo para que aguanten o peso da terra e non se caian.

A continuación, fixemos o noso sistema de regadío, utilizamos un bote ao que lle fixemos un burato por onde botaremos o auga e conectámoslle unha mangueira que percorrerá todas as botellas, regando as plantas que conteñen.

Por último só nos queda botar a terra e plantar as sementes. Plantaremos: Fabas, lentellas e plantas decorativas como “Zenias” e “Tagetes”.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

O comezo do proxecto de xardín vertical

Domingo, Xaneiro 20th, 2013

O primeiro día buscamos información é ideas para o noso traballo.
Brian,Vanesa e David buscaron información, mentres que Yaiza é Lorena buscaron imaxes. O seguinte día unificamos as nosas ideas, é o noso compañeiro Brian fixo algúns bocetos. Eliximos un.
Na seguinte sesión comezamos a elaboralo, é ao principio costounos un pouco cortar as botellas. Nos seguintes días amosaremos o que imos facendo.

Empezamos a construir o noso xardín con botellas.

Domingo, Xaneiro 20th, 2013

Primeiro xuntamos botellas PET,  que funcionarán como macetas das plantas. Logo medímolas para calcular o espazo que nos ían ocupar. Despois fixemos marcas para recortalas cun cuter e darlles a forma adecuada, tamén lle fixemos uns buratos a ambos lados e despois unir as botellas entre si cunha corda.  De momento isto é todo; nas próximas clases levaremos máis botellas e o material necesario para continuar co noso proxecto.

Construción de xardíns verticais nun muro do cole

Domingo, Xaneiro 20th, 2013

Os alumnos de 3º de ESO están a estudar os plásticos. Souberon da desfeita que está a acontecer coa Illa de Lixo no Pacífico. O profesor plantexouslles unhas actividades sinxelas (se queres velas clica aquí). Ao final, o profesor plantexa como actividade formativa y sensibilizadora a reutilización de botellas PET para a creación de xardíns/hortas verticais.

Para elo dispoñen do muro norte (cara orientada cara o sur) do patio de terra do cole, onde levarán a cabo por grupos distintos tipos de xardíns ou hortas ecolóxicas verticais.

Iredes sabendo como van os construindo a traverso d os distintos artigos que irán publicando.

Ánimo. Estamos ansiosos por ver os vosos resultados.

ojd