Entradas para la categoría ‘Uncategorized’

FABRICACIÓN DE XABÓN ARTESÁN.

Domingo, Novembro 8th, 2015

O  mércores 30 de setembro, os alumnos de 3º de ESO realizaron un taller de  xabón artesán.
Este taller, ademais de axudar a estimular a creatividade dos alumnos e a sensibilidade polo medio ambiente, axudou a que os alumnos entendesen mellor o concepto de reacción química e que aprendesen conceptos de química de xeito divertido. Aprenderon a técnica de elaboración de xabón artesán de aceite de oliva procesado en frío, a reacción de saponificación e a importancia de reciclar. Os alumnos e alumnas quixeron aportar tamén o seu gran de area ao Mercadillo Solidario a favor do cancro de mama, elaborando xabóns de glicerina que se puxeron á venda o sábado 3 de outubro na Praza Maior

Coas mans río Tea…

Domingo, Marzo 23rd, 2014

…nunca mellor dito.

Aproveitamos o sol de principios de marzo, e alí marchamos, ao río cos alumn@ de 2º de ESO. Un ano máis coa inquedanza de non saber cal sería  a resposta dos rapaces e rapazas fronte a actividade plantexada, pero convencidos da importancia da labor a desenvolver. E un ano máis séguenos a sorprender. Disípanse ás nosas dúbidas. Collen as luvas, observan o seu contorno emporcado, e alá van. Non importa que recoller, nin onde recollelo, teñen que limpar aquilo. Plásticos, latas, papeis, caixas, rodas…, todo o que non ten que estar alí, todo o que afea o río. Todo polo coidado do noso contorno e pola biodiversidade do noso río.

Noraboa, xamáis defraudades !!

MÚSICA @ RECICLAXE

Xoves, Marzo 20th, 2014

A importancia da reciclaxe e do bo uso dos materiais queda moi ben reflectida neste proxecto. Aínda que a construción de instrumentos só sexa un pequeno puntiño dentro dun inmenso mar, consideramos que imos moi ben encamiñados con este tipo de exercicios. Podemos facer esta afirmación porque os resultados obtidos son satisfactorios. Os nenos non só se divirten construíndo un instrumento, senón que a súa vez, están aprendendo a reciclar intelixentemente.

Podedes ver todas as fotos no  álbum.

Noraboa

Xoves, Xuño 6th, 2013

Remata o curso escolar e compre recoñecer o bo facer en primeiro lugar dos centros premiados nas distintas modalidades no Concurso Voz Natura. (seredes un referente para nós no futuro).

En segundo lugar,  a todos os alumnos (especialmente aos do noso centro) por terse implicado en todas e cada unha das actividades; e como non pode ser doutro xeito, aos profesores e profesoras, mestres e mestras que orientan e fornecen de hábitos e valores na Ed. Ambiental.

Finalmente, pero non menos importante, noraboa a toda a equipa de Voza Natura. Sen vós sería imposible esta aventura no noso quefacer diario.

Noraboa e grazas a todos. Seguiremos traballando.

Empezamos a construir o noso xardín con botellas.

Domingo, Xaneiro 20th, 2013

Primeiro xuntamos botellas PET,  que funcionarán como macetas das plantas. Logo medímolas para calcular o espazo que nos ían ocupar. Despois fixemos marcas para recortalas cun cuter e darlles a forma adecuada, tamén lle fixemos uns buratos a ambos lados e despois unir as botellas entre si cunha corda.  De momento isto é todo; nas próximas clases levaremos máis botellas e o material necesario para continuar co noso proxecto.

Kauka, o chimpancé apadriñado polos alumnos de 5º de Primaria

Venres, Maio 4th, 2012

ChimpAmig@s é un programa do Instituto Jane Goodall España a través do que se está apoiando aos máis de 150 chimpancés que viven no Centro de Recuperación de Tchimpounga na República do Congo. Grazas aos fondos que se obteñen a través do programa ChimpAmig@s é posible dar os coidados, alimentos e instalacións necesarias para que todos os chimpancés teñan unha segunda oportunidade. OS ALUMNOS DE 5º DE PRIMARIA LOGRARON APADRIñAR A KAUKA.

Cando Kauka foi traído a Tchimpounga como bebé, aínda non podía camiñar. Chegou con febre, diarrea, desnutrición e deshidratación. O persoal do Centro pasou incontables noites e días coidándoo para que sobrevivira. Arribou en tal estado de deshidratación que as coidadoras decidiron bautizalo “Kauka”, que significa “seco” na lingua local. Despois da obrigada cuarentena, Kauka foi integrado no grupo dos máis pequenos e rapidamente recuperou forzas e autoconfianza. Bichica, unha chimpancé xove que se amosa moi interesada nas crías horfas que chegan, escapou un día do seu grupo sen que ninguén a vira e se meteu na instalación das crías para xogar con elas, especialmente con Kauka, que se transformou no seu bebé favorito, ao que fai grooming e carga no lombo.

Vídeo 2 de 5 sobre o río Tea

Luns, Abril 30th, 2012

Velaquí o segundo dos vídeos elaborados polos alumnos de 4º de ESO: Este vai sobre os factores abióticos.

O Seprona danos unha charla sobre os incendios

Martes, Marzo 6th, 2012

Dous integrantes do Seprona déronnos unha charlas sobre a súa laboura a nivel xeral e sobre os incendios a nivel máis concreto.

Coma nós estamos a velar pola mellora do noso entorno. Grazas.

Proxecto solidario dos alumnos de 5º de Primaria

Luns, Febreiro 27th, 2012

Os alumnos de 5º de Primaria están participando na campaña “MOBILÍZATE POLA SELVA” da Fundación Jane Goodall.

Esta campaña que se enmarca dentro da protección dos ecosistemas onde habitan os chimpancés na República Democrática do Congo onde se extrae o coltán imprescindible para a fabricación dos compoñentes electrónicos de moitos aparellos tecnolóxicos.

Nós xa enviamos 60 móbiles que non utilizamos e a fundación faranos padriños de dous chimpancés; cando teñamos outros 30 (só faltan 19) apadrinaremos outro chimpancé máis. ANIMÁDEOS A SEGUIR DOANDO OS MÓBILES QUE NON USEDES.

Proxecto solidario dos alumnos de 6º de Primaria

Luns, Febreiro 27th, 2012

Co lema “TODOS XUNTOS PODEMOS CAMBIAR O SEU MUNDO”, os alumnos de 6º de E. Primaria e a colaboración de toda a comunidade escolar do Colexio Santiago Apóstol acaban de facer entrega a SEUR de máis de 100 caixas de tapóns para a nena Aitana.

Estes tapóns recollidos de forma altruista pola Fundación SEUR son levados a unha planta de reciclaxe que aporta 300 € por tonelada recollida aos pais da nena AITANA.

Desde a ONG Anawin de Elxe que está a coordinar o proxecto e coa que estivemos en contacto todo o tempo que durou a campaña informounos que dan por rematada a recollida para Aitana e que teñen previsto realizar estas operacións cirúrxicas en España onde un grupo de expertos están a preparar a delicada intervención.

Agradecemos a participación de TODOS os pais e alumnos que nos facían, chegar cada día máis de 1000 tapóns, involucrando a moitos establecementos de Ponteareas e Vigo. Resaltamos a dedicación que a diario desenvolveron Paz, Ana Mª. e Noelia que durante todos os recreos deste trimestre se adicaron a contar e embalar as caixas cos tapóns. Noraboa pola vosa xenerosidade co voso tempo.

Nós, seguiremos recollendo tapóns para novas necesidades!

ojd