Entradas para la categoría ‘Uncategorized’

Nós tamén somos un ecosistema

Venres, Marzo 10th, 2017

Efectivamente, o noso corpo é un ecosistema. E que seres vivos viven no noso corpo? Unha variedade moi grande de bacterias, fungos,… e onde viven? Pois na pel, na boca, no tracto intestinal,… E agora tamén estamos a estudalo.

No CRG (Centro de Regulación Genómica) de Barcelona, un grupo de científicos liderados por Dr. Toni Gabaldón está a estudar o microbioma bucal. Un programa de ciencia cidadá que  pretende estudar o tipo de flora bacterian existente na nosa boca, as interaccións entre dita flora, as implicacións na saúde que pode ter dita presenza,…Tedes máis información na web do proxecto do microbioma bucal Sacalalengua.

A semana do 13 ao 17 científicos do CRG estarán extraendo mostras de saliva, dando charlas e facendo demostracións en Galicia: (máis…)

paTEAndo: Os xogos.

Venres, Decembro 16th, 2016

Nestas últimas clases estivemos planificando os xogos que imos a realizar o día da saída cos nenos. Faremos un total de 4 xogos:

-Comezaremos co “Topo”, un xogo no que os alumnos dividiranse en dous equipos. Un alumno do equipo contrario terá os ollos vendados e este debe adiviñar que obxecto é (recollidos anteriormente). Do xogo encargarase Josué.

-Seguiremos có ”Explorador”, un xogo no que os equipos teñen que atopar unha serie de obxetos. Do xogo encargarase Sergio.

-Finalizaremos có xogo ”Pita árbore”, un xogo que é como unha pita. O encargado dirá un nome dunha árbore e todos terán que abrazalo, o último será o que pille

 

Modificamos o noso logo!!!

Luns, Novembro 7th, 2016

 

O logotipo da nosa empresa fictícea paTEAndo foi modificado polo noso artista David Valverde. Un gran traballo!

 

Curso 16_17

Luns, Outubro 3rd, 2016

Ola a todos/as.

Xa estamos aquí, dispostos a traballar arreo.

A vida ábrese paso a pesar de nós.

 

“Arbolappeando”

Xoves, Maio 12th, 2016

Ademais dunha evidente utilidade lúdica os dispositivos móbiles, como tablets, smartphones, etc., poden resultar unha divertida ferramenta educativa. No panorama actual no que os rapaces empregan as novas tecnoloxías con fins fundamentalmente comunicativos, recreativos e baleiros de contidos parecéunos idóneo o emprego duna aplicación TIC para levar a cabo unha actividade formativa relacionada coas plantas e a contorna natural que nos rodea.

ARBOLAPP é unha aplicación gratuita baseada na investigación do Real Jardín Botánico do CSIC, que mediante a cribaxe de características morfolóxicas (follas, froitos, tronco,…) permite profundizar no coñecemento de distintas especies arbóreas e na súa axeitada identificación.

Aproveitando este recurso, e a partir de fichas con imaxes de distintas especies vexetáis, os alumnos/as de 1º de ESO levaron a cabo na aula a identificación precisa dalgunhas das árbores silvestres máis representativas da paisaxe da súa vila. De forma dinámica e grazas ao sinxelo manexo da aplicación puideron ir avanzando nesta “clave virtual” para chegar a diferenciar as árbores  que se lles mostraban nas imaxes.

Foi unha experiencia moi entretida e útil que repetiremos, fora da aula, en próximas excursións á natureza, cuando o tempo o permita, posto que a aplicación funciona de forma autónoma sen necesidade de estar conectada a Internet.

 

Podes ver mais fotos desta actividade premendo aquí.

Visita ás “Arribes del Duero” e a un obradoiro de olaría. Día 3.

Venres, Novembro 27th, 2015

A nosa participación no Ceam de Villardeciervos levounos ate o Parque Natural de Arribes del Duero. O itinerario comezou, despois dun breve traslado en autobús, na ermida da nosa Señora do Castelo, preto do miradoiro das barrancas, desde o que xunto con espectaculares vistas dos escarpados canóns escavados polo río Douro, puidemos contemplar en pleno voo a unha das poboacións máis abundantes de voitres de toda a Península. A partir de aquí, entre enebros ao principio e aciñeiras despois, percorremos boa parte do arroio Pisón até o pobo de Fariza.

Despois de comer, visitamos o taller de olaría de Mª Carmen, en Movemos. Alí puidemos observar pampos como, co torno e as súas mans, elaboraba coa especial arxila da zona diferentes pezas cunha habilidade sorprendente. Todos quixemos probar a facelo, pero só algúns puideron comprobar que este oficio milenario require á vez que técnica, moita práctica. Interesantísima actividade da que algúns levarán un recordo para toda a vida (se non cae e rompe).
Taller de historia da navegación para concluír o día coa construción dun recortable que funciona como un astrolabio, que permite determinar a altura dun astro e deducir, segundo esta, a hora e a latitude

.

  

 

  

   

FABRICACIÓN DE XABÓN ARTESÁN.

Domingo, Novembro 8th, 2015

O  mércores 30 de setembro, os alumnos de 3º de ESO realizaron un taller de  xabón artesán.
Este taller, ademais de axudar a estimular a creatividade dos alumnos e a sensibilidade polo medio ambiente, axudou a que os alumnos entendesen mellor o concepto de reacción química e que aprendesen conceptos de química de xeito divertido. Aprenderon a técnica de elaboración de xabón artesán de aceite de oliva procesado en frío, a reacción de saponificación e a importancia de reciclar. Os alumnos e alumnas quixeron aportar tamén o seu gran de area ao Mercadillo Solidario a favor do cancro de mama, elaborando xabóns de glicerina que se puxeron á venda o sábado 3 de outubro na Praza Maior

Coas mans río Tea…

Domingo, Marzo 23rd, 2014

…nunca mellor dito.

Aproveitamos o sol de principios de marzo, e alí marchamos, ao río cos alumn@ de 2º de ESO. Un ano máis coa inquedanza de non saber cal sería  a resposta dos rapaces e rapazas fronte a actividade plantexada, pero convencidos da importancia da labor a desenvolver. E un ano máis séguenos a sorprender. Disípanse ás nosas dúbidas. Collen as luvas, observan o seu contorno emporcado, e alá van. Non importa que recoller, nin onde recollelo, teñen que limpar aquilo. Plásticos, latas, papeis, caixas, rodas…, todo o que non ten que estar alí, todo o que afea o río. Todo polo coidado do noso contorno e pola biodiversidade do noso río.

Noraboa, xamáis defraudades !!

MÚSICA @ RECICLAXE

Xoves, Marzo 20th, 2014

A importancia da reciclaxe e do bo uso dos materiais queda moi ben reflectida neste proxecto. Aínda que a construción de instrumentos só sexa un pequeno puntiño dentro dun inmenso mar, consideramos que imos moi ben encamiñados con este tipo de exercicios. Podemos facer esta afirmación porque os resultados obtidos son satisfactorios. Os nenos non só se divirten construíndo un instrumento, senón que a súa vez, están aprendendo a reciclar intelixentemente.

Podedes ver todas as fotos no  álbum.

Noraboa

Xoves, Xuño 6th, 2013

Remata o curso escolar e compre recoñecer o bo facer en primeiro lugar dos centros premiados nas distintas modalidades no Concurso Voz Natura. (seredes un referente para nós no futuro).

En segundo lugar,  a todos os alumnos (especialmente aos do noso centro) por terse implicado en todas e cada unha das actividades; e como non pode ser doutro xeito, aos profesores e profesoras, mestres e mestras que orientan e fornecen de hábitos e valores na Ed. Ambiental.

Finalmente, pero non menos importante, noraboa a toda a equipa de Voza Natura. Sen vós sería imposible esta aventura no noso quefacer diario.

Noraboa e grazas a todos. Seguiremos traballando.

ojd