Entradas para la categoría ‘TICs’

“Arbolappeando”

Xoves, Maio 12th, 2016

Ademais dunha evidente utilidade lúdica os dispositivos móbiles, como tablets, smartphones, etc., poden resultar unha divertida ferramenta educativa. No panorama actual no que os rapaces empregan as novas tecnoloxías con fins fundamentalmente comunicativos, recreativos e baleiros de contidos parecéunos idóneo o emprego duna aplicación TIC para levar a cabo unha actividade formativa relacionada coas plantas e a contorna natural que nos rodea.

ARBOLAPP é unha aplicación gratuita baseada na investigación do Real Jardín Botánico do CSIC, que mediante a cribaxe de características morfolóxicas (follas, froitos, tronco,…) permite profundizar no coñecemento de distintas especies arbóreas e na súa axeitada identificación.

Aproveitando este recurso, e a partir de fichas con imaxes de distintas especies vexetáis, os alumnos/as de 1º de ESO levaron a cabo na aula a identificación precisa dalgunhas das árbores silvestres máis representativas da paisaxe da súa vila. De forma dinámica e grazas ao sinxelo manexo da aplicación puideron ir avanzando nesta “clave virtual” para chegar a diferenciar as árbores  que se lles mostraban nas imaxes.

Foi unha experiencia moi entretida e útil que repetiremos, fora da aula, en próximas excursións á natureza, cuando o tempo o permita, posto que a aplicación funciona de forma autónoma sen necesidade de estar conectada a Internet.

 

Podes ver mais fotos desta actividade premendo aquí.

ojd