Entradas para la categoría ‘SEMANA DA CIENCIA’

Macroinvertebrados e contaminación no río Tea (1)

Martes, Novembro 23rd, 2010

Cinco alumnas: María Domínguez,  Silvia Gille,  María Otero, Alicia Rodríguez,  e Marta Sestelo baixo a dirección do profesor Jose Davila presentan aos alumnos de ESO os seus proxectos investigadores dentro das actividades da semana da ciencia. Ditos proxectos serán presentados os días 24-26 en Galiciencia 2010 a celebrar en Tecnópole (Ourense).

A grandes rasgos diremos que estudaron as características físico-químicas no río TEA antes e despois da estación depuradora de augas residuais así como os macroinvertebrados existentes (que actúan como bioindicadores da contaminación).

Nun momento da exposición do seu proxecto

En fin, que nos aclararon (CON DATOS CIENTÍFICOS) o estado no que se atopa o noso río Tea, pero iso faranno neste blog ao longo dos vindeiros días logo do seu paso por Tecnopole.

Parabens polo seu sesudo e completo traballo. E tamén para o profe: grazas Jose.

Escomenzou a semana da ciencia

Martes, Novembro 23rd, 2010

Por cuarto ano consecutivo celebramos a nosa particular semana da ciencia no colexio. Iniciámola coa presentación dos actos por parte de dúas alumnas (Laura alonso e Andrea Pardellas). Fixérono moi ben. Noraboa.

Podedes visulalizar máis fotos da presentación no noso album en Picasa

Semana da ciencia 10/11

Xoves, Novembro 18th, 2010

Escomenzamos a nosa IV Semana da Ciencia do 23 ao 26 de Novembro. Polo momento, facemos público o cartel coas activiades a realizar. Esperemos que sexan do voso agrado.

O “cole” en GALICIENCIA 2010

Xoves, Novembro 4th, 2010

Dous traballos experimentais realizados por alumnas de 3º da ESO foron seleccionados para participar na feira científica de Galicia, Galiciencia 2010, que se desenvolverá os próximos 24, 25 e 26 de novembro en Tecnópole, Ourense.

 Alicia, Marta, Silvia, María Domínguez e María Otero, participarán na feira científica máis grande de Galicia, Galiciencia 2010, con dous stands propios compartindo con outros mozos e mozas de Galicia e doutras partes de España o seu esforzo e talento. Presentarán dous traballos experimentais, que integrados no proxecto medio ambiental  “Voz Natura” que desenvolve o colexio, foron elaborados por elas durante os meses de setembro e outubro de xeito totalmente voluntario. Os traballos, que son unha continuidade dos realizados polos alumnos e alumnas de 2º de ESO no pasado curso, profundizan no estudo da calidade da auga do río Tea, sinalando a contaminación por augas sen depurar como un dos máis graves problemas aos que se enfrenta este ecosistema fluvial. Antes de partir para Ourense, onde estarán os días 24, 25 e 26 de novembro, presentarán o seu labor aos/ás compañeiros/as da ESO como unha das actividades a desenvolver na “Semana da Ciencia” deste ano. Noraboa!

Concurso científico

Martes, Abril 6th, 2010

Os alumnos de ESO participaron nun Concurso Científico relacionado coa biodiversidade: preguntas teóricas, sons de animais, vídeos, e experimentos para amenizar toda unha mañán adicada á Ciencia. Os gañadores, os alumnos de 4º de ESO.

Show científico

Martes, Abril 6th, 2010

Outra das actividades da semana da ciencia foi un Show científico, amenizado por dous profes do centro, que amosou aos alumnos de ed. Primaria a diferenciar a máxia da ciencia, a comprender e explicar o porque de certos experimentos e a apreciar a biodiversidade do noso planeta. Unha tarde divertidísima e farto interesante.

Vimos como certos efectos ópticos poden enganarnos.

Cine científico

Martes, Abril 6th, 2010

Todos os alumnos da ESO, e os de 5º e 6º de Primaria puderon visualizar co gallo da Semana da Ciencia adicada á Biodiversidade un vídeo que amosa a etoloxía de moitos artrópodos. O vídeo leva como título “Micromater” e foi gañador do Festival de Cine Científico de Valladolid. Sorprendeunos e gustounos a todos.

Conferencia do Dr. Lois González: “Científicos, ciencia e biodiversidade”

Luns, Marzo 22nd, 2010

A primeira actividade da 3ª edición da Semana da Ciencia aconteceu o pasado xoves 18 de marzo. O Dr. Lois González (profesor do Dpto. de Fisioloxía Vexetal e Ciencias do Solo na Universidade de Vigo) impartiu unha conferencia co título “Científicos, ciencia e biodiversidade” para os alumnos da E.S.O.

Sorprendeunos gratamente cun enfoque explicativo da laboura científica desde o punto de vista histórico ata a actualidade, rematando co estudo da biodiversidade que está a realizar. Todo un exemplo para os nosos alumnos: esperamos que algúns,  futuros científicos.

O Dr. Lois González (de pe) durante a súa conferencia

III SEMANA DA CIENCIA “A BIODIVERSIDADE”

Xoves, Marzo 18th, 2010

Iniciamos esta semana as activiades relacionadas coa Semana da Ciencia que estamos a desenvolver no noso centro, este ano centradas na biodiversidade

Unha ducia de alumnos participan no día sen electricidade

Xoves, Xaneiro 14th, 2010

Por fin se vai animando a cousa. Unha ducia de alumnos realizaron no Nadal a experiencia de vivir un día enteiro alleos aos beneficios que nos reporta o uso da electricidade. En breve exporán a súa experiencia neste blog.

De 3º de ESO B  son: Pablo Soto, Jesús Alvarez, Rocío Gallego, Andrea Pardellas, Adrián Mo, Brais Romero, Jaime Soto, Saúl Vázquez. Outros alumnos farán a experiencia este fin de semana. Noraboa!

ojd