Cinco alumnas: María Domínguez, Silvia Gille, María Otero, Alicia Rodríguez, e Marta Sestelo baixo a dirección do profesor Jose Davila presentan aos alumnos de ESO os seus proxectos investigadores dentro das actividades da semana da ciencia. Ditos proxectos serán presentados os días 24-26 en Galiciencia 2010 a celebrar en Tecnópole (Ourense).
A grandes rasgos diremos que estudaron as características físico-químicas no río TEA antes e despois da estación depuradora de augas residuais así como os macroinvertebrados existentes (que actúan como bioindicadores da contaminación).

Nun momento da exposición do seu proxecto
En fin, que nos aclararon (CON DATOS CIENTÍFICOS) o estado no que se atopa o noso río Tea, pero iso faranno neste blog ao longo dos vindeiros días logo do seu paso por Tecnopole.
Parabens polo seu sesudo e completo traballo. E tamén para o profe: grazas Jose.