Transmisión de movementos con material de refugallo
Martes, Xuño 2nd, 2020Confinamento, material de refugallo, mecanismos de transmisión de movementos. Axítese con agarimo e este é parte do resultado
Formamos hoxe, para toda a vida
Confinamento, material de refugallo, mecanismos de transmisión de movementos. Axítese con agarimo e este é parte do resultado
Actividade que están realizando os alumnos de 2º de ESO na casa:
Utilizando material de refugallo, realiza unha estrutura para gardar o teu material escolar. Planifica na libreta o que queres gardar nela; non utilices pegamentos instantáneos; podes decorala ao teu gusto. Podedes facela en familia. Cando remates, podes enviar unha foto para subila ao site de tecno e a blog Voz Natura.
Levamos uns días e aquí algunhas mostras. Animádeos
Os alumnos/as de E.I 3 anos xunto coa súa profe de música Yanira, fixeron uns preciosos cascabeles con tapóns de plástico.
En Educación Infantil construímos, xogamos, aprendemos e imaxinamos coas pezas de cartón da cultura maker, unha cultura baseada en “aprender facendo”. |
|
As profes de infantil Marta Tresandi, Pili González e Montse Méndez están traballando as reglas das RRRR (Reducir, Reciclar, Reutilizar e Reemplazar) de xeito eficaz e moi sinxelo: Os envoltorios de plástico que protexen as merendas dos cativos están sendo reemplazados por recipientes que se poden reutilizar ou están sendo reemplazados por materiais de doada reciclaxe. No sinxelo está a eficacia. Tomemos exemplo.
O mércores 30 de setembro, os alumnos de 3º de ESO realizaron un taller de xabón artesán.
Este taller, ademais de axudar a estimular a creatividade dos alumnos e a sensibilidade polo medio ambiente, axudou a que os alumnos entendesen mellor o concepto de reacción química e que aprendesen conceptos de química de xeito divertido. Aprenderon a técnica de elaboración de xabón artesán de aceite de oliva procesado en frío, a reacción de saponificación e a importancia de reciclar. Os alumnos e alumnas quixeron aportar tamén o seu gran de area ao Mercadillo Solidario a favor do cancro de mama, elaborando xabóns de glicerina que se puxeron á venda o sábado 3 de outubro na Praza Maior
Un ano máis os alumnos de 1º de ESO elaboran papel reciclado a partires, neste caso, de xornais usados na aula. En seguintes sesións realizarémolo coma sempre co papel depositado nos colectores das aulas.
Máis fotos neste ALBUM
Este ano, os pais e nenos de E. Infantil adornaron a árbore de Nadal con material de refugallo. Os materiais de partida foron os recipientes de plático de iogures e, a partires deles, agromou e grelou a creatividade: campás e bolas para a árbore e ata todos os persoaxes para o portal de Belén.
SAÚDE PARA O PLANETA E TODOS OS SEUS HABITANTES.
Baixo o título: “Separemos ben, reciclaremos mellor”, os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, e de 2º ESO recibiron unhas charlas o pasado 17 de Decembro que tiveron como fin afianzar no coñecemento das regras das R (Reducir, Reutilizar, Reciclar e Reemplazar). Ase mesmo, lembraron o correcto uso que facemos dos distintos colectores de lixo.
https://plus.google.com/photos/106448770609519979604/albums/5959165472569009857
Aviso legal Política de privacidad Condiciones generales Todos los derechos reservados por lavozdegalicia.es. Suscribirse a Entradas RSS o a Comentarios RSS.