Entradas para la categoría ‘Educación Infantil’

Alumnos de 4º de ESO preparan un paseo pedagóxico polo Tea

Luns, Decembro 8th, 2014

 

De como os alumnos de 4º de ESO  preparan un paseo pedagóxico e actividades lúdicas para o resto de alumnos do centro. Simulan a creación dunha empresa de divulgación medio ambiental á beira do río Tea que nomean paTEAndo.  

 

Aquí tedes máis fotos: paTEAndo

 

Reutilizando, felicitámosvos o Nadal

Martes, Decembro 24th, 2013

Este ano, os pais e nenos de E. Infantil adornaron a árbore de Nadal con material de refugallo. Os materiais de partida foron os recipientes de plático de iogures e, a partires deles, agromou e grelou a creatividade: campás e bolas para a árbore e ata todos os persoaxes para o portal de Belén.

.

SAÚDE PARA O PLANETA E TODOS OS SEUS HABITANTES.

 

 

 

ADORNANDO O NADAL

Domingo, Xaneiro 1st, 2012

1.Os pais de E.Infantil fixeron con material de refugallo (un cilindro de guardapanos), uns adornos navideños, nos que os pais destacaron o seu inxenio e a súa creatividade.¡Moitos  parabens!.
2.A nai de Gisela (Ed. Infantil 4 anos) realizou un boneco de neve, cun total de trescentos vasos de plástico.Este boneco causou unha gran admiración en todo o colexio.¡Parabens mamá!.

embedded by Embedded Video

YouTube Direktclassid=”d27cdb6e-ae6d-11cf-96b8-444553540000″ width=”400″ height=”267″ codebase=”http://download.macromedia.com/pub/shockwave/cabs/flash/swflash.cab#version=6,0,40,0″>

Actividades previas ao Magosto

Xoves, Decembro 1st, 2011

Os alumnos de E. Infantil e E. Primaria realizan cestiñas con material de refugallo para gardar as castañas asadas antes de comelas.

Como sairon tan bonitiñas estiveron expostas ata que o tempo nos acompañou e o celebramos.

Os alumnos da ESO foron á Bouza Vella a celebralo: como todos os anos aproveitarán a camiñata para visualizar o estado do río Tea. (Tranquis, que estamos a montar unha presentación para a que a vexades).

A mascota Pascuala visita E. Infantil 4 anos

Martes, Febreiro 1st, 2011

Os pais dos alumnos de 4 anos están a explicar en que consiste o seu traballo aos cativos de 4 anos. Esta semana tocou a quenda aos camioneiros. Cando estaban ensinándolles o camión apareceu a mascota da aula: a ra Pascuala. E os cativos quedaron abraiados.  A nai de Christian realizou o disfraz feito todo en papel, IMPRESIONANTE, non si?

Que ben traballou esta nai co papel

 Podedes ver máis fotos neste album

Cestiñas de MAGOSTO

Luns, Decembro 13th, 2010

Os/as  nenos/as de Educación Infantil celebran o Magosto,  elaboraron unhas cestiñas para gardar as castañas con material de refugallo (briks de leite adornados polos seus pais).

 

 

Semana da Ciencia en Educación Infantil. “Experimentando coa auga”

Martes, Decembro 7th, 2010

O xoves 2 de decembro, os alumnos/as de educación infantil realizaron a súa actividade da semana da ciencia.
Foi unha tarde chea de experimentos coa auga que nos fixeron gozar, aprender curiosidades e tamén reflexionar. Puidemos experimentar cos sentidos, interactuar coa natureza da auga e formulámonos cal é a razón pola que uns corpos flotan, outros se afunden e algúns quedan mergullados sen moverse.
Foi unha tarde moi frutífera, tanto en diversión coma en aprendizaxe. Grazas Marta, Pili e  Montse por permitirme pasar unha tarde convosco  e os vosos alumnos/as. Ver fotos. 

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

ojd