Dous traballos experimentais realizados por alumnas de 3º da ESO foron seleccionados para participar na feira científica de Galicia, Galiciencia 2010, que se desenvolverá os próximos 24, 25 e 26 de novembro en Tecnópole, Ourense.
Alicia, Marta, Silvia, María Domínguez e María Otero, participarán na feira
científica máis grande de Galicia, Galiciencia 2010, con dous stands propios compartindo con outros mozos e mozas de Galicia e doutras partes de España o seu esforzo e talento. Presentarán dous traballos experimentais, que integrados no proxecto medio ambiental “Voz Natura” que desenvolve o colexio, foron elaborados por elas durante os meses de setembro e outubro de xeito totalmente voluntario. Os traballos, que son unha continuidade dos realizados polos alumnos e alumnas de 2º de ESO no pasado curso, profundizan no estudo da calidade da auga do río Tea, sinalando a contaminación por augas sen depurar como un dos máis graves problemas aos que se enfrenta este ecosistema fluvial. Antes de partir para Ourense, onde estarán os días 24, 25 e 26 de novembro, presentarán o seu labor aos/ás compañeiros/as da ESO como unha das actividades a desenvolver na “Semana da Ciencia” deste ano. Noraboa!