PARTICIPACIÓN EN GALICIENCIA 2018
Venres, Maio 25th, 2018Tras participar na III Semana das Ciencias de Ponteareas agora as nosas alumnas Laura Carballido, Marta D. Mera e Alba Ubeira de 3º de ESO, e Ainhoa Cordero (4º ESO) expuseron os seus traballos de investigación na feira científica GALICIENCIA 2018 celebrada en Ourense.
Marcharon o pasado martes 8 e desde o mércores 9 ata o venres 11 foron quen de expor aos visitantes as súas experiencias. Ao mesmo tempo conviviron con outros mozos e mozas de Galicia e Cataluña, intercambiaron experiencias, visitaron a cidade de Ourense, relaxáronse nas termas de Outariz, recibiron a visita dos alumnos de 4º de ESO a dita exposición… Todo unha experiencia que nunca esquecerán.
Velaquí os seus traballos:
“Francamente, dannos ás as bebidas enerxéticas?”, Alba Ubeira e Ainhoa estudan o consumo das bebidas enerxéticas que fan os mozos de Ponteareas co fin de coñecer patróns de consumo e dar a coñecer os riscos que supón.
Laura Carballido e Marta D. Mera co traballo “Árbores bioinvasoras no río Tea, verdade ou ficción?” cuantificaron o número de árbores invasoras nun tramo do río preto de Ponteareas co fin de concienciar do impacto que xa están a ter no ecosistema.
Este traballo sirve de base para o proxecto que imos a desarrollar a nivel ambiental para o ano que ven, esperemos que na nosa 19 participación consecutiva en VOZ NATURA.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |