Archivo para Marzo, 2020

Colectores para a reciclaxe

Xoves, Marzo 26th, 2020
Actividade para alumnos de 3 a 99 anos: 
Son momentos para coidarnos, pero tamén para coidar o noso planeta. Se non separas o lixo en colectores para reciclar, por qué non vos plantexades cambiar de hábito?
Estuda que tipo de colectores  e onde podes polos na túa casa (podes fabricalos; por exemplo, algo tan sinxelo como unha caixa cunha bolsa). 
Explica a túa familia como debedes separar o lixo.
Realiza unha táboa cun horario semanal e persoas responsables onde se repartan as tarefas de valeirado nos colectores da rúa (a partir do fin da alarma sanitaria).

Reciclaxe na casa

Xoves, Marzo 26th, 2020

Actividade que están realizando os alumnos de 2º de ESO na casa:

Utilizando material de refugallo, realiza unha estrutura para gardar o teu material escolar. Planifica na libreta o que queres gardar nela; non utilices pegamentos instantáneos; podes decorala ao teu gusto. Podedes facela en familia. Cando remates, podes enviar unha foto para subila ao site de tecno e a blog Voz Natura.

Levamos uns días e aquí algunhas mostras. Animádeos

Cascabeis de plástico en EI

Venres, Marzo 13th, 2020

Os alumnos/as de E.I 3 anos xunto coa súa profe de música Yanira, fixeron uns preciosos cascabeles con tapóns de plástico.

 

 

Cartón e aprendizaxe

Domingo, Marzo 8th, 2020
En Educación Infantil construímos, xogamos, aprendemos e imaxinamos coas pezas de cartón da cultura maker, unha cultura baseada en “aprender facendo”.
ojd