PARTICIPACIÓN EN GALICIENCIA 2018

avatar Escrito por Nando Cameselle
25 de Maio de 2018 a las 10:45h

Tras participar na  III Semana das Ciencias de Ponteareas agora as nosas alumnas Laura Carballido, Marta D. Mera e Alba Ubeira  de 3º de ESO, e Ainhoa Cordero (4º ESO) expuseron os seus traballos de investigación na feira científica GALICIENCIA 2018 celebrada en Ourense.

Marcharon  o pasado martes 8 e desde o mércores 9 ata o venres 11 foron quen de expor aos visitantes as súas experiencias. Ao mesmo tempo conviviron con outros mozos e mozas de Galicia e Cataluña, intercambiaron experiencias, visitaron a cidade de Ourense, relaxáronse nas termas de Outariz, recibiron a visita dos alumnos de 4º de ESO a dita exposición… Todo unha experiencia que nunca esquecerán.

Velaquí os seus traballos:

“Francamente, dannos ás as bebidas enerxéticas?”, Alba Ubeira e Ainhoa estudan o consumo das bebidas enerxéticas que fan os mozos de Ponteareas co fin de coñecer patróns de consumo e dar a coñecer os riscos que supón.

Laura Carballido e Marta D. Mera co traballo “Árbores bioinvasoras no río Tea, verdade ou ficción?” cuantificaron o número de árbores invasoras nun tramo do río preto de Ponteareas co fin de concienciar do impacto que xa están a ter no ecosistema.

Este traballo sirve de base para o proxecto que imos a desarrollar a nivel ambiental para o ano que ven, esperemos que na nosa 19 participación consecutiva en VOZ NATURA.

Etiquetas: , , , ,

Deja tu comentario

ojd