Árbores invasoras no Congreso de Alumnado na Semana das Ciencias de Ponteareas
Dentro da III Semana das Ciencias de Ponteareas, as alumnas de 3º de ESO, Laura Carballido e Marta D. Mera presentaron a súa ponencia no Congreso do alumnado “Futuras/es investigadoras/es”.
Baixo o título “Árbores bioinvasoras no río Tea, verdade ou ficción?” Laura Carballido e Marta D. Mera co traballo cuantificaron o número de árbores invasoras nun tramo do río preto de Ponteareas co fin de concienciar do impacto que xa están a ter no ecosistema.

Marta (no centro) e Laura (á dereita), xunto con otra compañeira no Congreso.
![]() Laura e Marta co seu titor de investigación (Nando) |
![]() Algúns dos ponentes coa Concelleira de Educación do Concello de Ponteareas |
Podedes visualizar a súa presentación no seguinte vídeo:
Árbores bioinvasoras no Tea, verdade ou ficción?
Ponencia de Laura Carballido e Marta Domínguez no Congreso do alumnado na Semana das Ciencias.
Publicada por Cpr Plurilingüe Santiago Apóstol de Ponteareas en Miércoles, 18 de abril de 2018
Etiquetas: ACTIVIDADES, árbores, bioinvasoras, COLEXIO SANTIAGO APÓSTOL Ponterareas, EDUCACIÓN AMBIENTAL, río Tea
Deja tu comentario