Archivo para Maio 13th, 2018

Árbores invasoras no Congreso de Alumnado na Semana das Ciencias de Ponteareas

Domingo, Maio 13th, 2018

Dentro da III Semana das Ciencias de Ponteareas, as alumnas de 3º de ESO, Laura Carballido e Marta D. Mera presentaron a súa ponencia no Congreso do alumnado “Futuras/es investigadoras/es”.

Baixo o título  “Árbores bioinvasoras no río Tea, verdade ou ficción?” Laura Carballido e Marta D. Mera co traballo cuantificaron o número de árbores invasoras nun tramo do río preto de Ponteareas co fin de concienciar do impacto que xa están a ter no ecosistema.

                        Marta (no centro) e Laura (á dereita), xunto con otra compañeira no Congreso.

Laura e Marta co seu titor de investigación (Nando)

Algúns dos ponentes coa Concelleira de Educación do Concello de Ponteareas

 

Podedes visualizar a súa presentación no seguinte vídeo:

Árbores bioinvasoras no Tea, verdade ou ficción?

Ponencia de Laura Carballido e Marta Domínguez no Congreso do alumnado na Semana das Ciencias.

Publicada por Cpr Plurilingüe Santiago Apóstol de Ponteareas en Miércoles, 18 de abril de 2018

Limpando o río Tea

Domingo, Maio 13th, 2018

Outro ano máis, e van 19, os alumnos de 5º, 6º de E.Primaria e 2º de ESO realizaron unha saída á Moscadeira para levar a cabo unha labor exemplarizante: a limpeza dun tramo do río Tea.
Ataviados con luvas, sacos, carretillas e, sobre todo, conscientes da importancia de loitar frente ao deterioro do medio natural, alumnos e profesores traballaron con entusiasmo recollendo diferentes tipos derefugallos que contaminaban a zona.
Con esta actividade traballamos undos valores que o noso centro tratdetransmitir aos alumnos: a concienciación e sensibilización no respeto ao medio ambiente, e a importancia da súa proteción.
Foi unha xornada moi educativa na que os alumnos se sentiros axentes activos na proteción e o respeto polo noso planeta, e na que se convenceron de que todos podemos levar a cabo accións para frear o seu deterioro.

 

ojd