Resultados do Proxecto do microbioma humano Sacalalengua

avatar Escrito por Nando Cameselle
25 de Abril de 2018 a las 9:12h

Logo da primeira extracción de saliva (2015-16) efectuada en 40 centros de ensino do estado para determiñar que tipo de bacterias existen na nosa boca, os científicos do CRG concluiron que:

  • O Streptococcus é o xénero máis abundante nos mozos, seguido por 4 outros xéneros predominantes: (Prevotella, Haemophilus, Nesseria y Veilionella).
  • Outros xéneros están presentes en abundancias moi inferiores, aínda que en subconxunto representan aproximadamente o 35% do total.
  • O mapa xeral non amosa diferencias importantes entre rexións da península, como mínimo a nivel de xéneros máis abundantes; nembargantes, atopáronse algunhas diferencias na composición de especies pouco abundantes.

Imaxe cos datos de España    Imaxe cos datos de Galicia

Cos datos das enquisas realizadas aos donantes de saliva os resultados que obtiveron foron: 

a) Afectan ao tipo de bacterias que temos na boca os seguintes factores:

  • Hábitos de hixiene bucodental
  • Tipo de auga
  • O tabaco
  • Comida salada
  • Bebidas azucradas
  • Convivir con mascotas

b) NON afectan os seguintes factores:

  • Lugar de resisdencia (cidades vs vilas)
  • Bañarse frecuentemente en piscinas
  • Lavarse ou non as mans antes de comer
  • Lavarse logo de ir ao baño
  • Morder as uñas

Nos anos 2017-18 repetiron o experimento cos mesmos alumnos (máis novas incorporacións) e a cidadanía (proxecto de ciencia cidadá) decidiu que os científicos estudasen os seguintes conceptos:

  • Varía o microbioma bucal dunha persoa co tempo?
  • Existen diferencias entre integrantes da mesma familia?
  • Existen diferencias entre persoas de distinta idade?
  • Existen características especiais en persoas con celiaquía, fibrose quística ou Síndrome de Down?

Os resultados publicarannos nuns meses (xullo de 2018)

Etiquetas: , , , ,

Deja tu comentario

ojd