A pesar da choiva, por aquí andamos

avatar Escrito por Nando Cameselle
5 de Abril de 2018 a las 22:29h

Ola. Estamos traballando (pero non blogueando o que deberamos) a pesar dun tempo que non favorece as nosas actividades asociadas ao río Tea. A estas alturas do ano aínda non fomos quen de poder sair a realizar algunhas das nosas propostas: limpeza do río Tea, estudo da contaminación por macroinvertebrados, cálculos da velocidade da auga no río, as pesqueiras, plantacións de árbores autóctonas nos montes de Cortellas (parroquia de Padróns), sendeiro pedagóxico paTEAndo… Deixará de chover de aquí a fin de curso?

Namentras indicarvos que para a semana que ven participaremos activamente na III Semana das Ciencias en Ponteareas. Informarémosvos.

Deja tu comentario

ojd