Archivo para Abril, 2018

Resultados do Proxecto do microbioma humano Sacalalengua

Mércores, Abril 25th, 2018

Logo da primeira extracción de saliva (2015-16) efectuada en 40 centros de ensino do estado para determiñar que tipo de bacterias existen na nosa boca, os científicos do CRG concluiron que:

  • O Streptococcus é o xénero máis abundante nos mozos, seguido por 4 outros xéneros predominantes: (Prevotella, Haemophilus, Nesseria y Veilionella).
  • Outros xéneros están presentes en abundancias moi inferiores, aínda que en subconxunto representan aproximadamente o 35% do total.
  • O mapa xeral non amosa diferencias importantes entre rexións da península, como mínimo a nivel de xéneros máis abundantes; nembargantes, atopáronse algunhas diferencias na composición de especies pouco abundantes.

Imaxe cos datos de España    Imaxe cos datos de Galicia

Cos datos das enquisas realizadas aos donantes de saliva os resultados que obtiveron foron:  (máis…)

Sacalalengua na III Feira das Ciencias en Ponteareas

Martes, Abril 24th, 2018

Se o ano pasado indicabamos como colaboramos co CRG (Centro de Regulación Genómica) no Proxecto do Microbioma Bucal Sacalalengua este ano contribuimos a difundir os resultados do seu estudo científico dentro da III Feira das Ciencias.

Os resultados plasmámolos nesta lona que serviu para que os nosos alumnos informaran aos pontareáns que se achegaron á Feira das Ciencias.

Explicando os resultados do Proxecto do Microbioma Humano Sacalalengua.

Album de FOTOS

 

A pesar da choiva, por aquí andamos

Xoves, Abril 5th, 2018

Ola. Estamos traballando (pero non blogueando o que deberamos) a pesar dun tempo que non favorece as nosas actividades asociadas ao río Tea. A estas alturas do ano aínda non fomos quen de poder sair a realizar algunhas das nosas propostas: limpeza do río Tea, estudo da contaminación por macroinvertebrados, cálculos da velocidade da auga no río, as pesqueiras, plantacións de árbores autóctonas nos montes de Cortellas (parroquia de Padróns), sendeiro pedagóxico paTEAndo… Deixará de chover de aquí a fin de curso?

Namentras indicarvos que para a semana que ven participaremos activamente na III Semana das Ciencias en Ponteareas. Informarémosvos.

ojd