Archivo para Outubro, 2017

Lumes: Pena e rabia; solidariedade e futuro

Mércores, Outubro 18th, 2017

Moitos dos nosos (alumnos, pais, familias, veciños) con solidariedade e afouteza foron quen de salvar casas, leiras e montes da nosa contorna dun lume devastador.

Logo dos choros, da rabia contida, dunha solidariedade que cómpre non perder, vai sendo hora de empezar a planificar o noso futuro.

Para a sociedade en conxunto é mester analizar causas e propór accións a curto, medio e longo prazo para que nunca máis aconteza.

Temos aos nosos alumnos ávidos por contar as súas experiencias vitais, e emocionalmente motivados para pórse mans á obra. Canalicemos pois as súas inquedanzas.

Velaquí algúns recursos, que compartimos con todos vós, base do noso futuro traballo con eles.

Como actuar despois dos lumes da Asociación Amigos da Terra

Manual sinxelo de reforestación por sementeira da Universidade de Vigo

Nas redes sociais infórmanos de moitos perigos por facer as cousas con boa vontade pero sen rigor: Leede, valorade e logo actuar sempre supervisados:

https://www.google.es/amp/s/cienciasycosas.com/2017/10/18/lo-que-se-debe-y-no-se-debe-de-hacer-despues-de-un-incendio/amp/

Sentidiño.

Unha imaxe para a esperanza:

Érbedo (Arbutus unedo) en A Picaraña (Ponteareas)

XOGOS DO PROXECTO PATEANDO

Mércores, Outubro 18th, 2017
Para o proxecto Pateando faremos os seguintes xogos:
-Tiro con landra.
-Pita árbore.
E varios xogos máis que son inventados por nós e que iremos desvelando
a medida que vaiamos avanzando.

SOMOS NÓS, OS DE 4º ESO OS QUE MANEXAMOS

Mércores, Outubro 18th, 2017

Ola, benvidos a este novo curso 2017/2018 co mesmo proxecto de todos os anos.

Hoxe somos nós, os de 4º ESO os que manexamos isto, concretamente, Iván Vázquez e eu que son Sofía Nieto.

Escribiremos todos os avances do noso proxecto todos os dias na clase.

Cousas positivas: ( Temos xa 6 xogos moi divertidos para os nenos cando fagamos a nosa saída para o gran proxecto “paTEAndo”).

ESPERO QUE OS MOLE!!!!!!!!!1

 

Emprendemos

Martes, Outubro 3rd, 2017

Primeira saída ao Tea no curso 17/18:

Os alumnos de Bioloxía-Xeoloxía de 4º ESO comenzan a traballar os conceptos de ecoloxía na súa saída ao río Tea:

Describiron in situ conceptos como: ecosistema, biocenose, biotopo, hábitat, poboación, ecotono, simbiose, parasitismo, competencia, predación, comensalismo,…

Atoparan un cágado xa cáse totalmente metamorfoseado. Probaron a dispersar froitos en sámara dun pradairo.

Inicio do curso 2017

Luns, Outubro 2nd, 2017

21-19

Non é o resultado dun partido de balonmán; simplemente é o numero de anos de existencia do programa Voz Natura fronte ao número de anos nos que participamos.

Iniciamos un novo partido, e esperamos xogar  como sempre o fixemos: con constancia, con rigor e coa honestidade a noso estilo de xogo.

Invitámosvos a xogar, a animar e a divertirvos neste partido.

ojd