Nós tamén somos un ecosistema

avatar Escrito por Nando Cameselle
10 de Marzo de 2017 a las 15:39h

Efectivamente, o noso corpo é un ecosistema. E que seres vivos viven no noso corpo? Unha variedade moi grande de bacterias, fungos,… e onde viven? Pois na pel, na boca, no tracto intestinal,… E agora tamén estamos a estudalo.

No CRG (Centro de Regulación Genómica) de Barcelona, un grupo de científicos liderados por Dr. Toni Gabaldón está a estudar o microbioma bucal. Un programa de ciencia cidadá que  pretende estudar o tipo de flora bacterian existente na nosa boca, as interaccións entre dita flora, as implicacións na saúde que pode ter dita presenza,…Tedes máis información na web do proxecto do microbioma bucal Sacalalengua.

A semana do 13 ao 17 científicos do CRG estarán extraendo mostras de saliva, dando charlas e facendo demostracións en Galicia:

13/03 – IES de Ponteceso – Ponteceso
13/03 – 19 h – Para público xeral – Local (a confirmar) do Concello de Cambre
14/03 – Colegio Niño Jesus de Praga – Vigo
15/03 – CPR Plurilingüe Santiago Apóstol – Ponteareas

Pola nosa parte, indicaros que pola mañán os alumnos de 4º de ESO doarán saliva, asistirán a unha demo sobre PCR e electroforese e a unha charla sobre os primeiros resultados do proxecto do 2015. Xa pola tarde, de 16’15 a 18 horas, os antigos alumnos que no ano 2015 participaron no estudo voltarán a colaborar nesta edición. Animamos a todas as persoas que queiran colaborar doando saliva e interaccionar na charla-coloquio cos científicos se pasen polo noso centro e se inscriban na secretaría.

Participamos no 2015 e repetimos.

Participa, TI TAMÉN PODES FACER CIENCIA.

Etiquetas: , , , ,

Deja tu comentario

ojd