Parabéns e felices vacacións

avatar Escrito por Nando Cameselle
17 de Xuño de 2016 a las 10:27h

Remata o curso escolar 15_16 e compre recoñecer o bo facer en primeiro lugar dos centros premiados nas distintas modalidades no Concurso Voz Natura; (sodes e seredes un referente para nós no futuro).

En segundo lugar,  a todos os alumnos (especialmente aos do noso centro) por terse implicado en todas e cada unha das actividades; e como non pode ser doutro xeito, aos profesores e profesoras, mestres e mestras que orientan e fornecen de hábitos e valores na Ed. Ambiental.

Finalmente, pero non menos importante, noraboa a toda a equipa de Voza Natura. Sen vós sería imposible esta aventura no noso quefacer diario.

Noraboa e grazas a todos. Seguiremos traballando.

Deja tu comentario

ojd