Dando exemplo de Educación Ambiental: Limpeza na beira do río

avatar Escrito por Yohanna Lemos
6 de Maio de 2016 a las 15:01h

Como xa ben sendo tradición, dende fai 18 anos, os alumnos de 2º de ESO realizaron unha saída á Moscadeira para levar a cabo unha labor exemplarizante: a limpeza dun tramo do río Tea en Ponteareas.

Ataviados con luvas, sacos, carretas e, sobre todo, conscientes da importancia de loitar frente ao deterioro do medio natural, alumnos e profesores traballaron con entusiasmo recollendo diferentes tipos de refugallos que contaminaban a zona. Plásticos, latas de refresco, teas, redes, vidros, e ata unha xardiñeira cerámica e restos un inodoro foron parte do lixo recollido. A cantidade de desperdicios atopada sorprendeu aos alumnos e resultou a mostra evidente da “presión” que a actividade humana está a exercer nos sistemas fluviais.

Foi unha xornada moi educativa na que os alumnos sentíronse axentes activos na protección e o respecto polo noso planeta, e na que se convenceron de que todos podemos levar a cabo accións para frear o seu deterioro.

Para ver o álbume completo preme aquí.

 

Etiquetas: , , , , , , , , ,

Deja tu comentario

ojd