Archivo para Maio 6th, 2016

Avaliamos a calidade da auga do Tea

Venres, Maio 6th, 2016

Por fin a chuvia deunos unha tregua e os alumnos de 2º de ESO puideron levar a cabo unha das actividades máis interesantes incluídas no noso Proxecto de Educación Ambiental: o estudo da calidade das augas do Tea, o seu paso pola Moscadeira.

O obxectivo era valorar o nivel de contaminación esa zona do río Tea mediante a avalición cualitativa de macroinvertebrados bentónicos. Para elo ademais de valorar parámetros como a turbidez da auga, a cantidade de osíxeno disolto ou o pH, realizaron mostraxes no leito fluvial. A finalidad era obter mostras da poboación de macroinvertebrados que viven neste ecosistema para emplegalos como bioindicadores, xa que existe unha relación directa entre o tipo de macroinvertebrados presentes e a calidade da auga. Algúns destes “animaliños” só son capaces de vivir en augas moi limpas, polo que a súa presenza indicará que as augas son de alta calidade. Pola contra, hai certos macroinvertebrados que toleran niveis altos de contaminación.

 

Una vez obtidas as mostras foron trasladadas ao centro onde levamos a cabo a identificación e cuantificación das mesmas. A avaliación do tipo de macroinvertebrados presentes nas mostras permitíunos determinar que o nivel de calidade das aguas do Tea nesta localización é moderada.

Para os rapaces e rapazas esta actividade resultou entretida e mi didáctica. Ademais de aprender dunha forma práctica e amena, nesta ocasión fíxose literal o de que os alumn@s “empapáronse de ciencia”.

Os resultados desta actividade, e a súa relevanza para a Vila de Ponteareas motivaron a sua presentación na Semana das Ciencias organizada polo Concello desta localidade do 18 ao 23 de Abril.

Foron moitos os visitantes que se achegaron  ao noso “stand” para coñecer de primeira man o estudo e recibir detaiadas explicacións da da actividade por parte dos nosos alumn@s, que sentíronse auténticos cientifica@os por un día.

 

Para ver mais fotos da realización do estudo preme aquí.

Para ver mais fotos da presentación do estudo na Semana das Ciencias preme aquí.

Dando exemplo de Educación Ambiental: Limpeza na beira do río

Venres, Maio 6th, 2016

Como xa ben sendo tradición, dende fai 18 anos, os alumnos de 2º de ESO realizaron unha saída á Moscadeira para levar a cabo unha labor exemplarizante: a limpeza dun tramo do río Tea en Ponteareas.

Ataviados con luvas, sacos, carretas e, sobre todo, conscientes da importancia de loitar frente ao deterioro do medio natural, alumnos e profesores traballaron con entusiasmo recollendo diferentes tipos de refugallos que contaminaban a zona. Plásticos, latas de refresco, teas, redes, vidros, e ata unha xardiñeira cerámica e restos un inodoro foron parte do lixo recollido. A cantidade de desperdicios atopada sorprendeu aos alumnos e resultou a mostra evidente da “presión” que a actividade humana está a exercer nos sistemas fluviais.

Foi unha xornada moi educativa na que os alumnos sentíronse axentes activos na protección e o respecto polo noso planeta, e na que se convenceron de que todos podemos levar a cabo accións para frear o seu deterioro.

Para ver o álbume completo preme aquí.

 

ojd