Presentación dos proxectos e despedida do CEAM de Villardeciervos
O pasado venres foi día para a realización dos proxectos de cada un dos centros participantes e para as despedidas, a semana chegou ao seu fin.
Os nosos alumnos presentaron o seu proxecto “Das augas do Tea ás augas de Tera”. O primeiro foi mostrar o traballo realizado semanas atrás para determinar a calidade das augas do noso río, para posteriormente realizar as oportunas medicións e mostraxes no arroio Cervas, afluente do río Tera, e así comparar o “limpas” que están unhas e outras.
Comida e tempo para as despedidas. Tras unha intensa semana de convivencia, ponteareáns e arcobrigenses forxaron recordos e lazos de amizade que, de seguro, perdurarán no tempo. Boa proba diso foi a despedida: abrazos, bágoas e promesas de reencontro encheron o patio do centro durante longo tempo. A media tarde cada grupo xa viaxaba para as súas respectivas localidades.
Grazas a todos: Dirección e traballadores do CEAM de Villardeciervos, profesores do IES Ribera del Jalón e do Santiago Apóstol e a todos os alumnos, verdadeiros protagonistas dunha experiencia inesquecible.
Etiquetas: COLEXIO SANTIAGO APÓSTOL Ponterareas, EDUCACIÓN AMBIENTAL, macroinvertebrados, PASEOS PEDAGÓXICOS, río Tea
Decembro 18th, 2015 at 1:20 p.m.
Queridos compañeiros,
desde Blog Natura animámosvos a compartir algunha das experiencias publicadas no voso blog. Para iso só tedes que copiar o link do post que elixades e pegala en calqueira dos comentarios das entradas de Blog Natura.
Parabéns polo voso traballo e , desde aquí, vos animamos a aumentar a frecuencia de publicación para que poidamos disfrutar e compartir o voso excelente traballo.
Tamén é moi interesante que poñades aos rapaces a publicar e comentar, para construir unha verdadeira comunidade de aprendizaxe a través do blog de Voz Natura.
Boas Festas!!
BlogNatura
Xaneiro 12th, 2016 at 8:59 a.m.
Desde Blog Natura, o blog central da comunidade virtual de Voz Natura, dámosvos os parabéns pola iniciativa e vos animamos a que nos contedes máis sobre este proxecto, tanto no voso blogue lembrade que os alumnos tamén poden publicar) como nos comentarios de este post de Blog Natura no que hoxe sae a vosa iniciativa:
http://blogs.voznatura.es/blogmaestrovnat/blog/2016/01/12/investigadores-no-medio-ambiente-colexio-santiago-apostol/
Un saúdo cordial e parabéns de novo por compartir!
Blog Natura