Archivo para Maio, 2014

Conmemorando o World Fish Migration Day

Venres, Maio 23rd, 2014

Celebramos hoxe cos alumnos de 3º e 4º de ESO o World Fish Migration Day. Marcial Carrera, pai dun alumno de 4º de ESO e axente de protección do medio ambiente falounos do traballo desenvolvido na Estación de Control de Peixes de A Freixa. Asemesmo, visualizamos un espectacular vídeo de Manuel E. Garci titulado “Os mares doces de Galicia” presentado na XVI Semana de Cine Submarino de Vigo onde as máis das secuencias foron rodadas no noso río Tea: lampreas, salmóns e anguías os protagonistas deste impresionante documento gráfico.

Logo fumos de andaina ata dita estación na Freixa e alí asistimos a unha simulación de pesca eléctrica para a mostraxe dos peixes xunto coa Directora Xeral de Conservación da Natureza Dª Verónica Tellado Barcia e máis do Xefe Provincial de dito organismo.

Agradecemos a Marcial Carrera a súa amena e didáctica exposición así como a súa inestimable colaboración.

https://plus.google.com/photos/106448770609519979604/albums/6016732007195263329?authkey=CNOJk6vFyraGDA

ojd