O sol e as cociñas solares
O sol proporciónanos a enerxía vital para a vida no noso planeta. As súas radiacións, entre outras cousas ilumínanos e quécenos. E se aproveitamos parte desa enerxía que nos chega para cociñar? Non é nada novo. Noutros lugares xa se fai. (Véxase Solar Cooking). Poderiamos facelo en Ponteareas, desde o noso cole e contribuir ao aforro enerxético a nivel global, ao aforro enerxético nas nosas casas?
Os alumnos de 3º e 4º de ESO xa son esa semente que espalle por Ponteareas unha nova forma de enterder a nosa relación co entorno: “Moita xenté pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, poden cambiar o mundo”.
Etiquetas: ACTIVIDADES, COLEXIO SANTIAGO APÓSTOL Ponterareas, EDUCACIÓN AMBIENTAL, Fornos solares
Deja tu comentario