Archivo para Marzo, 2013

Visitamos o Muncyt con VOZ NATURA

Martes, Marzo 26th, 2013

O día primeiro deste mes, un grupo de alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO achegámonos Á Coruña para realizar unha visita ao Museo Nacional de Ciencia y Tecnología de A Coruña (Muncyt) . Fixémolo grazas a nosa participación en VOZ NATURA,  programa de educación ambiental da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre. Esta entidade e o citado museo veñen de subscribir  un acordo de colaboración polo cal os 298 centros educativos e asociacións que participan en Voz Natura poden visitar o Muncyt ata o próximo mes de xuño de forma gratuita e con atención especial.

Nun primeiro momento fixemos unha visita guiada ao museo e despois todos traballamos nun obradoiro de casas bioclimáticas, onde experimentamos con distintos tipos de illamento, portas, ventás, paredes ou cubertas para deducir cales son as condicións da vivenda que permiten un maior aforro de enerxía.

GRAZAS A VOZ NATURA POR ESTA OPORTUNIDADE !

Procesos fluviais e xeoformas no río Tea

Luns, Marzo 25th, 2013
IMG_2613

Ao lado dun corte con estratos orixinados por depósitos de aluvión.

Incluida nas actividades do noso proxecto medioambiental, na primeira semana deste mes realizamos cos alumnos/as de 3º E.S.O. unha saída de recoñecemento ao río Tea, completando deste xeito o estudo da súa xeomorfoloxía. O noso obxectivo, localizar e interpretar procesos e xeoformas fluviais.

O noso primeiro forno solar

Venres, Marzo 15th, 2013

Ola, somos Paula, Carlos, Alba, Lucía,  Luis e Rubén,  alumnos de 4º da ESO,  e acabamos de construir o noso primer forno solar.

Aquí tedes un video de como o fixemos, esperamos que vos sexa útil.

Agora faremos de aprendices de cociñeiros

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

“Os luns ao sol”

Venres, Marzo 8th, 2013

Levamos xa un ano enteiro traballando na elaboración de fornos solares. O ano pasado se fabricaron 5 fornos tipo funil: fixemos probas de cocción de cachelos, arroz e verduras. Este ano temos elaborado dous fornos solares con cartón e estamos rematando un de madeira. Tiñamos e temos a idea de pórrnonos a cociñar cos fornos solares un día á semana: o noso proxecto chámase “Os luns ao sol”.

Como poderedes percatarvos non sabiades nada de el. Con razón, neste curso 12_13 non levamos unha semana seguida de sol. Un día que aparece despexado aproveitamos para facer pequenas probas, pero non damos conseguido ter continuidade. Esperemos que coa chegada da primavera PODAMOS.

O sol e as cociñas solares

Venres, Marzo 8th, 2013

 

O sol proporciónanos a enerxía vital para a vida no noso planeta. As súas radiacións, entre outras cousas ilumínanos e quécenos. E se aproveitamos parte desa enerxía que nos chega para cociñar?  Non é nada novo. Noutros lugares xa se fai. (Véxase Solar Cooking). Poderiamos facelo en Ponteareas, desde o noso cole e contribuir ao aforro enerxético a nivel global, ao aforro enerxético nas nosas casas?

Os alumnos de 3º e 4º de ESO xa son esa semente que espalle por Ponteareas unha nova forma de enterder a nosa relación co entorno: “Moita xenté pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, poden cambiar o mundo”.

Primeiras plantas nos nosos xardíns verticais

Venres, Marzo 8th, 2013

Os nosos primeiros resultados: agroman ben e rápido os allos; das lentellas aparecen as primeiras plántulas. As leitugas sacadas do alcouve da nai de Antonio (3ºA) non queimaron coa xeada. Este tempo non está moi aquelado para a horta, e aínda así parece que a cousa vai.

Dentro dun mes intentarémolo coas fresas, que sonche ben agradecidas.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Aparecen os primeiros desperfectos (rotura de cordeis, balonazos que baleiran de terra as botellas PET, madeiras que inchan e apodrecen,…) Iremos tomando nota e mellorando o que non funciona: diso se trata; ÁNIMO nenos, a experiencia enriquece.

ojd