Archivo para Xaneiro 23rd, 2013

O noso xardín vertical:

Mércores, Xaneiro 23rd, 2013

Ola, somos Paula, Sara Prieto, Sara Peña e Macarena. Estamos na aula de tecnoloxía, realizando o noso xardín vertical. Tivemos que repetilo porque a nosa primeira idea era colocar táboas de madeira debaixo das botellas pero percatámonos de que a madeira pode chegar a pudrirse entón realizamos un novo proxecto. O primeiro que fixemos foi recortar as botellas facendo buratos para que saia a planta, despois atamos todas as botellas cunha corda, facéndolles nudos por debaixo para que aguanten o peso da terra e non se caian.

A continuación, fixemos o noso sistema de regadío, utilizamos un bote ao que lle fixemos un burato por onde botaremos o auga e conectámoslle unha mangueira que percorrerá todas as botellas, regando as plantas que conteñen.

Por último só nos queda botar a terra e plantar as sementes. Plantaremos: Fabas, lentellas e plantas decorativas como “Zenias” e “Tagetes”.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

ojd