Archivo para Xaneiro 20th, 2013

O comezo do proxecto de xardín vertical

Domingo, Xaneiro 20th, 2013

O primeiro día buscamos información é ideas para o noso traballo.
Brian,Vanesa e David buscaron información, mentres que Yaiza é Lorena buscaron imaxes. O seguinte día unificamos as nosas ideas, é o noso compañeiro Brian fixo algúns bocetos. Eliximos un.
Na seguinte sesión comezamos a elaboralo, é ao principio costounos un pouco cortar as botellas. Nos seguintes días amosaremos o que imos facendo.

Empezamos a construir o noso xardín con botellas.

Domingo, Xaneiro 20th, 2013

Primeiro xuntamos botellas PET,  que funcionarán como macetas das plantas. Logo medímolas para calcular o espazo que nos ían ocupar. Despois fixemos marcas para recortalas cun cuter e darlles a forma adecuada, tamén lle fixemos uns buratos a ambos lados e despois unir as botellas entre si cunha corda.  De momento isto é todo; nas próximas clases levaremos máis botellas e o material necesario para continuar co noso proxecto.

Construción de xardíns verticais nun muro do cole

Domingo, Xaneiro 20th, 2013

Os alumnos de 3º de ESO están a estudar os plásticos. Souberon da desfeita que está a acontecer coa Illa de Lixo no Pacífico. O profesor plantexouslles unhas actividades sinxelas (se queres velas clica aquí). Ao final, o profesor plantexa como actividade formativa y sensibilizadora a reutilización de botellas PET para a creación de xardíns/hortas verticais.

Para elo dispoñen do muro norte (cara orientada cara o sur) do patio de terra do cole, onde levarán a cabo por grupos distintos tipos de xardíns ou hortas ecolóxicas verticais.

Iredes sabendo como van os construindo a traverso d os distintos artigos que irán publicando.

Ánimo. Estamos ansiosos por ver os vosos resultados.

Cheas no río Tea

Domingo, Xaneiro 20th, 2013

Levamos un curso pasado por auga. Moitas das nosas actividades céntranse no río Tea e aínda non pudemos facer saídas ao río para levalas a cabo. Que non o credes: velaquí como vai o río onde facemos as actividades (limpeza, cálculo da velocidade da auga, estudo dos macroinvertebrados, das árbores,…)

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

 embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

ojd